Ao longo deste monográfico explícase cal é a orixe da necesidade de avaliar a pegada de carbono, as emisións de gases de efecto invernadoiro e o cambio climático, e como repercuten na viticultura.
Ao longo deste monográfico explícase cal é a orixe da necesidade de avaliar a pegada de carbono, as emisións de gases de efecto invernadoiro e o cambio climático, e como repercuten na viticultura.
O monográfico nº 10 da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia está dedicado á variedade Brancellao, unha vide tinta, de cultivo ancestral, prefiloxérica, e unha das variedades máis cultivadas, sobre todo no Ribeiro, Amandi, Quiroga, Lemos e Monterrei.
O monográfico nº 9 da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia está dedicado ao viño tostado, un viño doce elaborado tradicionalmente en Galicia con uvas parcialmente pasificadas a cuberto en condicións naturais, no cal, nos últimos anos, varias adegas da denominación de orixe Ribeiro apostaron pola súa recuperación e rexurdimento.
Resumo da actividade global de descrición detallada da actividade realizada polos distintos servizos da Área Sanitaria de Ferrol, ao longo do ano 2021, tanto no hospital como nos centros de saúde.
Catálogo en galego, castelán e inglés onde se recolle a oferta de libros infantís e xuvenís producidos en Galicia durante o ano. Inclúe a descrición dos volumes, a reprodución en cor das cubertas e a información editorial necesaria para identificar cada obra.
Análise dunhas das pragas máis daniñas do millo no mundo, a Diabrotica Virgifera Virgifera LeConte. Bioloxía, danos e síntomas e medios de loita.
Tríptico informativo de como se deben producir e xestionar os estercos das explotacións intensivas de porcino.
Tríptico informativo de como se deben producir e xestionar os estercos das explotacións intensivas de avicultura.
Estreamos contidos en Agroexprés en dúas novas temáticas: por un lado, un artigo de viticultura sobre especies de fungos responsables da enfermidade do pé negro da vide, unha colaboración entre investigadores da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega) e da Universidade de La Rioja; e por outro, un artigo forestal sobre rendementos dun sistema de extracción de resina en piñeiros destinados á madeira, froito do traballo de investigadores do Centro de Investigación Forestal de Lourizán (CIF Lourizán).
Memoria de responsabilidade social corporativa correspondente ao ano 2019.
Inclúe os seguintes apartados: fitos, o 061 de Galicia, cidadanía, profesionais, servizos, indicadores, innovación, economía e finanzas e como contactar.
O catálogo ten por obxectivo dar a coñecer os produtos licitados no concurso de compra pública (SI-SER1-21-015) dirixido á subministración sucesiva de material sanitario destinado á prevención, á limpeza e ao tratamento das feridas, baseado na cura en ambiente húmido e con destino as áreas sanitarias do Sergas.
Enmárcase dentro das producións científicas publicadas polo Programa úlceras fóra e é un contido básico para posteriores actividades formativas en materia de prevención e tratamento de feridas.
Cartel anunciando a convocatoria do V Concurso de Carteis dirixido a rapaces e rapazas do curso escolar 2022/23, que ten como tema a doazón e os transplantes. A finalidade é achegar esta realidade á poboación escolar da nosa comunidade autónoma, de modo que os máis novos sexan capaces de valorar os beneficios que o fomento da doazón ten para a cidadanía.