Catálogo

Amosando 121 - 132 de 152
Autor/a
Álvarez Herrera
Cristino
Lingua/s
Inglés
Castelán
Galego

O Camiño Francés, o máis transitado, é hoxe unha ruta enoturística de primeira clase, unha das máis interesantes do mundo. O peregrino, desde que cruza os Pireneos, viaxa a través de bisbarras nas que se elaboran viños de altísima calidade. Cristino Álvarez fai un percorrido polas variedades e mais polas zonas vitivinícolas que marcan esta ruta milenaria.

15 fichas para a prevención de riscos laborais en traballos de limpeza e desinfección no sector agroalimentario: definición de produtos, etiquetas, ficha de datos de seguridade, locais de traballo, axentes químicos e biolóxicos, prácticas de traballo seguras, escadas, manipulación manual de cargas, sobreesforzos, equipos de protección individual e lexislación.

Entre os obxectivos do Plan estratéxico de prevención de riscos laborais 2011-2014 está o de analizar os accidentes laborais e e difundir os seus resultados. A modo de fichas coleccionables, edítase esta ferramenta divulgativa na que se seleccionan aqueles accidentes laborais máis representativos no sector agrario. A información sintetízase en catro epígrafes: unha descrición da actividade, o accidente de traballo, as súas causas e as medidas de prevención que se deberon adoptar. O obxectivo é sensibilizar os traballadores e empresarios sobre situacións reais e divulgar as medidas preventivas que evitarían estes accidentes.