Catálogo

Amosando 25 - 28 de 28
12,00 €

O Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre é unha infraestrutura desenvolvida dentro da Rede Galega de Patrimonio Arqueolóxico, destinada á investigación e difusión dos petróglifos de Campo Lameiro en Pontevedra. A infraestrutura consta dunha zona exterior preparada para a visita ás distintas estacións de arte rupestre con camiños, zonas de descanso, etc., e un centro de interpretación onde, mediante unha montaxe expositiva, explícanse as claves para o coñecemento e comprensión dos petróglifos e os pobos que os crearon. Esta publicación é unha guía de visita para completar a oferta divulgativa do Parque Arqueolóxico e profundar máis no que pode verse na exposición.

Número catro da revista científica Ad limina, de carácter interdisciplinar e internacional, multilingüe, de investigación sobre o camiño de Santiago e o fenómeno das peregrinacións.