Catálogo

Amosando 697 - 708 de 772
Lingua/s
Galego

Catálogo da exposición On the road, que se inaugurou o 27 de xuño de 2014, que recolle a obra dos artistas contemporáneos que participaron nela a través de varias instalacións e obras que se amosaron en varias localizacións de Compostela. Esta mostra enmarcouse dentro dos actos de conmemoración do VIII centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela.

Temáticas

Publicación de periodicidade anual dedicada á estatística descritiva da sinistralidade laboral en Galicia. Elabórase coa información obtida dos partes de accidentes de traballo e enfermidades profesionais notificados á autoridade laboral galega. A explotación estatística realízase clasificando os accidentes segundo o grao da lesión e outras variables como sectores de actividade, natureza da lesión, etc. Tamén se ten en conta os accidentes de traballo con baixa en xornada laboral, indicándose de xeito separado, o número de accidentes in itínere. A información agrúpase en cinco epígrafes: Accidentes de traballo con baixa, Accidentes de traballo mortais, Enfermidades profesionais, Variación interanual dos accidentes con baixa en xornada de traballo nos últimos dez anos, Índices de incidencia.

Este manual proporciona información básica para desenvolver o traballo de laboratorio en condicións seguras en consonancia co que marca a lexislación vixente en materia de prevención de riscos laborais. Ademais de abordar os principais perigos e riscos, a guía inclúe normas de conduta e protocolos de actuación en caso de accidente. No documento considéranse fundamentais os riscos producidos nun laboratorio onde exista unha exposición a axentes químicos

Autor/a
Piñeiro Vázquez
Andrés
Lingua/s
Galego

Folleto informativo sobre o programa Xantar na Casa, xestionado polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar en colaboración coa Consellería de Traballo e Benestar e os concellos de Galicia adheridos a este programa. Dirixido a colectivos de persoas maiores e persoas en situación de dependencia, ten como finalidade prestar apoio domiciliario a estes colectivos mediante prestacións alimentarias para mellorar a calidade de vida e a autonomía dos seus usuarios. O folleto vén acompañado dun DVD cun vídeo divulgativo do programa.

0,00 €

O sector pesqueiro continúa sendo un dos primeiros axentes da economía galega. Non obstante, de todas as actividades laborais consideradas de alto risco, o traballo do mar é o que ten un índice de accidentalidade máis alto. Por iso, é importante desenvolver o traballo de maneira eficiente e ao mesmo tempo evitar, na medida do posible, os seus perigos a través das medidas preventivas deste DVD

0,00 €

Manual de calidade adoptado polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar (CGSIB) como vehículo de expresión do seu compromiso coa mellora continua da calidade na prestación dos servizos públicos para persoas maiores e dependentes. Acompaña a publicación un CD-Rom cos seguintes documentos:
Anexo1: Norma UNE_EN ISO 9001:2008
Anexo 2: Manual técnico SSCC rev6
Anexo 3: Manual técnico Centros rev 2

Neste documento recóllese un conxunto de datos relativos aos accidentes de traballo rexistrado en Galicia no ano 2011. Trátase dun avance no que se amosan datos de especial interese e que teñen carácter previo á publicación do anuario de sinistralidade laboral, en tanto non se estabilizan os datos, e se elabora a publicación tras o tratamento estatístico dos partes de accidentes laborais e das enfermidades profesionais, notificados á autoridade laboral de Galicia e tramitados e procesados polo ISSGA, como órgano técnico en prevención de riscos laborais.

Esta publicación elabórase coa información obtida dos partes de accidentes de traballo e enfermidades profesionais notificados á autoridade laboral galega e actualiza e amplía os datos relativos á sinistralidade laboral en Galicia en 2011.
A información agrúpase en cinco epígrafes:
Accidentes de traballo con baixa
Accidentes de traballo mortais
Enfermidades profesionais
Variación interanual dos accidentes con baixa en xornada de traballo nos últimos dez anos
Índices de incidencia

O estudo da xuventude galega 2010 recolle a opinión das mozas e mozos galegos sobre distintos aspectos que lles afectan como son a emancipación, o lecer, o tempo libre, plans de futuro, experiencia sexual, políticas institucionais, estudos, violencia, participación política, unión europea, independencia económica.

0,00 €

Recóllense aquelas actuacións que, dende a Xunta e os diferentes organismos públicos, se están a levar a cabo ou que se van poñer en marcha no período 2010-2013 co fin de mellorar a cualificación e capacitación da mocidade en varias áreas da vida. Inicialmente descríbense as características sociodemográficas da mocidade galega, así como os principios e referencias normativas nos que se enmarcan as medidas e actuacións propostas. O plan estrtúrase en nove eixes: educación, emprego, creatividade e espírito empresarial, vivenda, saúde e deporte, información e formación, participación e asociacionismo, voluntariado e mobilidade ao redor dos cales xiran as 249 medidas previstas.