Catálogo publicado con motivo da exposición homónima realizada no Museo de Belas Artes da Coruña entre xullo e novembro de 2012.
Catálogo publicado con motivo da exposición homónima realizada no Museo de Belas Artes da Coruña entre xullo e novembro de 2012.
Historia da muller en Galicia durante a época contemporánea, ollada desde varios campos temáticos, o demográfico, económico, social e o político. Gran variedade de comportamentos a nivel local e comarcal.
A guía consta de 50 fichas de obras da literatura infantil e xuvenil galega que se poden denominar coeducativas ou igualitarias polo tratamento dos xéneros que propoñen. O volume recolle títulos publicados entre os anos 2005 e 2007.
Obra referida á historia das mulleres en Galicia unha etapa histórica, a Idade Media. Grandes señoras nos séculos IX e X. As mulleres no feudalismo. As opcións de vida das mulleres. O peso das mulleres na esfera do privado. A proxección social das mulleres. O traballo. As agresións masculinas.
Obra referida á historia das mulleres en Galicia nunha etapa histórica, a Idade Moderna. Contidos referidos ao marco legal da muller, migración, ocupación, vida familiar, cultura e educación, asi como a evolución das ideas durante esta época histórica.
Obra referida á historia das mulleres en Galicia en dúas etapas históricas, a prehistoria e a historia antiga, segundo o seguinte plan de obra, 1. Prehistoria, a arqueoloxía das mulleres, as "deusas Madre" e o matriarcado, 2. Historia antiga, as fontes e o territorio, economía, matrimonio e familia. O estatuto das mulleres, a fortuna do matriarcado.
Estudo cualitativo e cuantitativo con perspectiva de xénero sobre a situación das mulleres no sistema de ciencia-tecnoloxía-empresa de Galicia, no que se achega información sobre as barreiras aínda existentes no acceso e na promoción das mulleres no ámbito da ciencia e da tecnoloxía galega, tanto no sector público coma no privado ao tempo que se busca a identificación sistemática das causas da desigualdade evidenciada numericamente, na procura de posibles solucións.
Consulta de referencia básica para aqueles que queiran obter un coñecemento imprescindible á hora de entender e profundar no funcionamento interno da economía pública.
Esta publicación recolle parte das resolucións ditadas no ano 2010 pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU), tanto de expedientes de reposición da legalidade urbanística que se tramitan segundo o establecido na lexislación urbanística (LOUGA) como os que se tramitan na denominada liña de servidumbre de dominio público marítimo terrestre.
Carta de Servizos de nivel auditado da EGAP, que foi elaborada consonte os criterios metodolóxicos definidos no Decreto 117/2008, do 22 de maio, polo que se regulan as Cartas de Servizos da Xunta de Galicia e o Observatorio da Calidade e da Administración Electrónica de Galicia (DOG núm. 113, do xoves 12 de xuño de 2008).
Carta de Servizos de nivel auditado da EGAP, que foi elaborada consonte os criterios metodolóxicos definidos no Decreto 117/2008, do 22 de maio, polo que se regulan as Cartas de Servizos da Xunta de Galicia e o Observatorio da Calidade e da Administración Electrónica de Galicia (DOG núm. 113, do xoves 12 de xuño de 2008).
Esta publicación reproduce os relatorios presentados nas Xornadas sobre demografía e desenvolvemento, claves para unha política de inversión das inercias demográficas en Galicia, organizadas pola Escola Galega de Administración Pública, os días 26, 27 e 28 de outubro de 2011, coa finalidade de achegar información sobre a situación demográfica de Galicia e sobre as posibles actuacións que desde o ámbito das políticas públicas e da sociedade civil se poidan articular sobre o particular, ademais de realizar unha análise desde a perspectiva comparada, reflexionando sobre a situación actual, con especial énfase no ámbito rural galego e ponderando as posibles liñas de actuación.