A obra desenvolve o discurso museográfico que se seguiu para a elaboración da exposición Álbums para o reencontro IV. Ribadavia e os ribadavienses, co repertorio completo de todas as fotografías que a integraron.
A obra desenvolve o discurso museográfico que se seguiu para a elaboración da exposición Álbums para o reencontro IV. Ribadavia e os ribadavienses, co repertorio completo de todas as fotografías que a integraron.
Guía ilustrada con textos e imaxes en cor sobre a exposición "O calendario agrícola".
Publicación que lle dá soporte bibliográfico baixo o formato de catálogo á exposición 'A pesca fluvial', a través da colección do Museo Etnolóxico. A mostra concíbese coma una aproximación ao universo da pesca de río, a partir das posibilidades comunicativas do fondo moble e documental do centro. Nasas, redes, embarcacións e artes de liña soportan o discurso, apoiado de maneira puntual por fotografías. Téntase achegarlle ao público técnicas e maneiras de proceder e, asemade, establecer un foro de reflexión sobre as mudanzas e afeccións sufridas pola pesca fluvial, con especial énfase no s. XX.
Versión galega de Fedro, autor clásico latino orixinario de Macedonia.
Catálogo de arte onde se recolle a traxectoria do pintor Antón Sobral. Inclúe unha serie de obras e textos biográficos.
Obra coeditada pola Consellería de Cultura, Educación e O. U. - Secretaría Xeral de Cultura e mais pola Universidade de Santiago de Compostela, centrada na figura dun dos nomes clave para comprendermos a presenza musical de Galicia na Arxentina, a través da comunidade galega asentada alá.
Saiban cantos estas cartas viren ... é, co subtítulo referido á correspondencia epistolar de Cunqueiro e o seu íntimo amigo Alberto Casal, a terceira contribución do Centro Ramón Piñeiro ao estudo e edición de novos documentos, agora espistolares, que deben contribuír á homenaxe e ao mellor coñecemento da figura de don Álvaro.
Un corpus de sesenta cartas aproximadamente é o núcleo destas páxinas, que contan con textos de César Cunqueiro e Luís Cochón; cunha fermosísima carta de Eduardo Blanco-Amor e, finalmente, tres pouco coñecidos contos do mesmo Cunqueiro. O conxunto variado e novidoso ofrece, pois, unha valiosa indagación en aspectos da vida e obra do noso universal escritor.
Co título de "Manuel María: cecais hai unha luz. Memorabilia", o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades publica este libro de homenaxe ao poeta chairego Manuel María, ao que neste ano 2016 está dedicado o noso Día das Letras. Contén este volume un total de vinte e sete traballos, de breve e mediana extensión, que indagan na vida e obra do escritor, especialmente no seu amplo corpus poético, que supera os corenta títulos. Pecha a serie de traballos un conxunto epistolar de máis de cincuenta cartas entre o poeta e Ramón Piñeiro.
Guía ilustrada con textos e imaxes en cor sobre a exposición "O calendario agrícola".
O termo carpintaría de ribeira emprégase para definir a actividad: o propio oficio de construción de embarcacións de madeira realizado polos carpinteiros de ribeira; pero tamén se usa para referirse á propia instalación: lugar ou edificación determinada onde se desenvolve o oficio de construír embarcacións de madeira. Por conseguinte, o seu plural, as carpinterías de ribeira, sempre fai referencia ao conxunto de edificacións tradicionais que se dedicaban ou ainda se dedican á construción e reparación de embarcacións de madeira, materia sobre a que trata esta publicación .
Nun primeiro momento, o carpinteiro de ribeira non tiña un lugar determinado nin unha instalación onde construir a embarcación. Posteriormente inclínase pola construción das suas propias edificacións e crea instalacións de madeira. Como resultado xurdiron numerosas edificacións tradicionais, para abeirar a construción de embarcacións de madeira, que posúen características comúns ao longo da costa galega, obxecto da tese de doutoramento base desta publicación .
En vista do seu estado de desaparición, débese reflexionar sobre a capacidade de recuperación destas arquitecturas do litoral, para evitar a perda da súa atmosfera característica e, xa que logo, da propia edificación.
Obra que ten por obxecto destacar as liñas fundamentais dunha institución xurídico-administrativa - tal e como foi cualificada polo TS- cuxa configuración no ordenamento español se esgotase desde distintas normas de diverso rango e carácter. Trátase da conservación do patrimonio urbanístico-arquitectónico ou, dito noutros termos, do patrimonio ordinario das nosas cidades, inxustificadamente abandonado en favor do patrimonio monumental, completamente tratado pola doutrina científica. Un estudo cuxo orixe se remonta á cidade clásica romana e ao máis sabio dos arquitectos antigos, Vitrubio, e os seus principios da boa edificación. A súa nota de influencia e aplicación na conservación das cidades proxéctase no momento actual no dereito urbanístico e no dereito da edificación.
Segunda entrega dunha serie de catálogos do Museo Etnolóxico destinados á catalogación e difusicón de pezas, aparellos e elementos culturalmente significativos das coleccións vitivinícolas. Publicado no núm. 1 desta serie un catálogo de elementos misceláneos da colección do Museo Etnolóxico, procede agora a edición do primeiro número monográfico relativo aos fondos representativos do obradoriro dun toneleiro. Estes catálogos aproveitan para a súa elaboracón o sistema documental DOMUS. Os catálogos van convenientemente ilustrados con imaxes relativas aos obxectos catalogados e, neste caso, ás cadeas operatorias que caracterizan o traballo do toneleiro. Fotos pertencentes tamén á coleccón fotográfica do Museo Etnolóxico.