Número doce da revista científica Ad Limina, de carácter interdisciplinar e internacional, multilingüe, de investigación sobre o Camiño de Santiago e o fenómeno das peregrinacións.
Número doce da revista científica Ad Limina, de carácter interdisciplinar e internacional, multilingüe, de investigación sobre o Camiño de Santiago e o fenómeno das peregrinacións.
As desterradas, de Carme Varela, conforma o número 26 da colección Biblioteca Dramática Galega, que integra as obras gañadoras dos premios Álvaro Cunqueiro para textos teatrais e Manuel María de literatura dramática infantil convocados pola Axencia Galega das Industrias Culturais. Gañadora do XXV premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais (edición 2020), e coeditada pola Agadic e Edicións Xerais de Galicia, As desterradas conta os días finais do mosteiro bieito de San Salvador de Albeos, no actual concello de Crecente.
A peza adéntrase no enfrontamento entre a Coroa de Castela e os mosteiros bieitos galegos e faino desde o lado das perdedoras, dando voz a aquelas que foron silenciadas, que foron xulgadas sen se poderen defender. Unha historia de resistencia protagonizada por un pequeno grupo de mulleres que constituían unha reserva de independencia feminina e que viron como o seu mundo caía a cachos ante o poder avasallador da Coroa de Castela.
Pois eu!, de Carlos Losada Galiñáns, conforma o número 16 da colección Barriga Verde, que integra as obras gañadoras dos premios para teatro de monicreques convocados pola Axencia Galega das Industrias Culturais. Gañadora do XIV premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques na modalidade para rapaces (edición 2020), e coeditada pola Agadic e Baía Edicións, en Pois eu! a compañía de monicreques de Filipa ensaia a súa nova montaxe en que as xentes da vila da Costeira deben facer fronte á avaricia dos señores do castelo, os Lagartorius, e atopar o xeito de ser donas do seu propio destino. Namentres, o cabaleiro andante Filiberto de Cavalcanti, a Sibila de Cumas, metamorfoseada por un feitizo nun corcel branco, e o trobador Andrés de Costeira tentan retomar o control das súas vidas.
Nº 7 da colección "O papel do teatro", que acolle as obras levadas a escena polo Centro Dramático Galego (CDG), coeditada pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e Edicións Positivas.
Unha troupe de actrices e actores veteranos reúnese clandestinamente pola noite para emprenderen a que quizais sexa a súa última aventura xuntos. Nesta noite revivirán o que non volverá para entender, para modificar, para se reconciliaren con quen xa non está, ao mesmo tempo que reflexionan sobre o terceiro acto das súas vidas. Xuntos, analizarán o seu legado e proxectaranse tamén no futuro incerto para falar sobre a vellez, a morte, os seus anhelos e desexos para esta nova etapa da vida.
Terceiro acto é unha peza á vez cómica, sombría e fermosa. Un poema escénico sobre a memoria e os soños; un exorcismo, unha celebración da vida e do teatro.
República sideral, de Esther F. Carrodeguas, conforma o número 17 da colección Barriga Verde, que integra as obras gañadoras dos premios para teatro de monicreques convocados pola Axencia Galega das Industrias Culturais. Gañadora do XIV premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques na modalidade de adultos (edición 2020), e coeditada pola Agadic e Baía Edicións, República sideral é un xoguete cómico terrorífico, unha farsa esperpéntica que leva á escena un interesante episodio da nosa historia: a fundación da República Federal da Illa de Arousa, que tivo lugar durante a Segunda República e que durou unhas poucas horas. A partir deste feito histórico curioso -e grazas ao teatro de cachaporra que tan deostado está nos nosos tempos-, a peza pretende facer reflexionar sobre o absurdo da condición humana, a guerra, as desputas ideolóxicas irresolubles e as mortes gratuítas. Pero República sideral é tamén un espello deformante en que podemos ver o noso presente reflectido para concluir que, por desgraza, é esperpéntico.
Neste folleto recóllense aqueles fitos ou monumentos máis salientables dos Camiños de Santiago do norte de España. Trátase dun proxecto xurdido da colaboración de sete das comunidades que integran o Consello Xacobeo. No caso de Galicia aparece un total de dez puntos de especial significado no ámbito xacobeo, pertencentes aos Camiños Francés, Primitivo e do Norte. Son espazos de gran valor artístico e histórico, vinculados de xeito moi estreito á peregrinación a Compostela.
Neste folleto recóllense aqueles fitos ou monumentos máis salientables dos Camiños de Santiago do norte de España. Trátase dun proxecto xurdido da colaboración de sete das comunidades que integran o Consello Xacobeo. No caso de Galicia aparecen un total de dez puntos de especial significado no ámbito xacobeo, pertencentes aos Camiños Francés, Primitivo e do Norte. Son espazos de gran valor artístico e histórico, vinculados de xeito moi estreito á peregrinación a Compostela.
Anuario dos premios do programa Xuventude Crea 2020 que convoca a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Consta de notas biográficas das persoas premiadas nas 14 especialidades, así como de fotografías dos/as autores/as e das obras gañadoras.
Catálogo da exposición "As miradas de Isaac" con fotografías de todas as pezas da exposición do mesmo nome e colaboracións de especialistas. O catálogo percorre a vida e obra de Isaac Díaz Pardo, no ano do centenario do seu nacemento.
Catálogo da exposición "Pestana, la verdad entre las manos" na cal se trata a figura e a obra do fotógrafo Baldomero Pestana, así como o contexto vital que influíu na súa producción artística.
Catálogo da exposición Da árbore a cadeira, que fai un percorrido pola historia e actualidade do deseño do moble en Galicia, a partir dos tres pioneiros: Isaac Díaz Pardo, Xosé Bar Boo e Alejandro de la Sota. Consta de dous tomos: un adicado ao bosque e ás árbores de Galicia, e o segundo, ás pezas senlleiras dos deseñadores galegos.
Catálogo da exposición "Exlibris Gallaeciae. Dos libros de Galicia". Aparece recollido aquí o mellor da edición galega clásica, cos grandes nomes asociados ao noso desenvolvemento cultural.