Este catálogo forma parte da exposición temporal "Santomé. Conxunto arqueolóxico natural" que este Museo Arqueolóxico vai mostrar no periodo de novembro 2019 a marzo 2020.
Este catálogo forma parte da exposición temporal "Santomé. Conxunto arqueolóxico natural" que este Museo Arqueolóxico vai mostrar no periodo de novembro 2019 a marzo 2020.
Catálogo da exposición temporal "Colección Abrente: arte galega no desafío cultural dos 70".
Boletín científico do Museo de Belas Artes da Coruña. Monográfico dedicado ao Museo 1995-2018.
A publicación recolle os instrumentos de descrición existentes sobre a Casa da Veiguiña (Quiroga, Lugo), fondo familiar pertencente á familia Quiroga e depositado no Arquivo Histórico Provincial de Lugo. A descrición, moi completa, está normalizada segundo a norma ISAD (G), e consta dun inventario, unha guía do fondo, o cadro de clasificación deste, un rexistro topográfico das unidades de instalación, un índice de series, un catálogo da parte documental do fondo correspondente á Terra de Quiroga, cos seus índices correspondentes e as árbores xenealóxicas da familia, desde 1491 ata o século XX e, ademais, unha base de datos en Access coa descrición, á cal poden asociar as imaxes dixitalizadas dos documentos.
Segunda edición, revisada e aumentada, do libro publicado polo Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades no ano 2013, ao cal se lle engade un índice onomástico.
A estrutura do libro ten dúas partes cunha soa finalidade: presentar a totalidade da obra escrita do ensaísta García-Sabell dentro dun mesmo paradigma hermenéutico. A primeira debulla os principios teóricos e a segunda remata por ser unha aplicación á cultura galega do tempo que lle tocou vivir (segunda parte do século XX).
Como pano de fondo que se mantén ao longo de todas as epígrafes esculcadas, mantense unha mesma secuencia: unha breve introdución a cada capítulo seguida dun desenvolvemento tripartito.
Catálogo da exposición Luís Seoane no Museo de Belas Artes da Coruña. O legado de Maruxa Seoane.
Catálogo da exposición "Pinceladas ocultas".
Jesús Madriñán (Santiago de Compostela, 1984) é unha das miradas fotográficas máis incisivas do panorama actual. A súa obra centrouse fundamentalmente nunha reinterpretación do retrato entendido como un elo intermedio entre o xénero psicolóxico e o arquivo de tipoloxías. As súas diversas series abordaron aspectos da noite festeira en grandes cidades europeas (Good Night London, 2011, ou Dopo Roma, 2016) ou no medio rural (Boas noites, 2013). A súa maneira de traballar é moi minuciosa e precisa, utiliza a cámara de gran formato e a película analóxica, o que fai máis complexo un traballo que se asocia á rapidez da reportaxe.
Anuario dos premios do certame de creadores novos Xuventude Crea 2018 que convoca a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Consta de notas biográficas das persoas premiadas nas doce especialidades, así como de fotografías das obras gañadoras e dos seus autores.
Trátase dun despregable de oito corpos en que se inclúen planos da ruta, perfís, distancias quilométricas, etapas parciais, planos de lugares xacobeos etc. Así mesmo, a epígrafe "Máis alá do Camiño" anímanos a que cando rematemos o Camiño poidamos contemplar territorios e paisaxes de singular beleza un pouco afastados del.
Este folleto fai un percorrido polos lugares relacionados co tema xacobeo da cidade de Compostela e mais da súa contorna: desde as antigas portas da cidade, pasando por Casas Reais, A Quintana ou As Praterías, ata a catedral, as rúas da zona monumental etc. Así mesmo, recolle outros lugares de vital importancia relacionados co Camiño pero que están afastados da cidade: o monte Pedroso, o Pico Sacro, Iria Flavia e Padrón. Inclúe, ademais, un plano e un mapa que reflicten os devanditos lugares.
Nº 5 da colección "O papel do teatro", que dá cabida ás obras levadas a escena polo Centro Dramático Galego (CDG), coeditada pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e Edicións Positivas.
DramaturXa é froito directo do labor desenvolvido dentro do proxecto "DramatURXENTE" de apoio á dramaturxia galega contemporánea iniciado polo CDG en 2015. Despois de levar a escena e de publicar dúas das obras que se escribiron no grupo de traballo de dramaturgas e dramaturgos coordinado polo autor, actor e director Manuel Lorenzo, reúnense agora neste volume as dez obras restantes: Cuncas dos nosos ollos, de Lois Blanco Araúxo; Albaroque, de Ana Carreira; O ronco do carneiro, de Santiago Cortegoso; A terra onde veñen morrer as baleas, de Ernesto Is; Vera, de Eva F. Ferreira; Que veñan os cans, de Zé Paredes; Wonderland, de Avelina Pérez; O péndulo, de Marta Pérez; Bic, de Gloria Rico, e Lar, de Rosa Puga Davila; dez tramas habitadas por personaxes que se multiplican ata o infinito, para botar algo de luz sobre o camiño da identidade, individual e colectiva, galega.