Catálogo

Amosando 565 - 576 de 2049

Un dos problemas máis frecuentes que atopa o colectivo dos refuxiados no sistema sanitario é o problema de comunicación provocado polo descoñecemento do idioma.
Para isto, un dos itinerarios formativos do Programa de mellora da asistencia sanitaria ás persoas refuxiadas, solicitantes e beneficiarias de protección internacional ten o obxectivo de facilitar o acceso e o coñecemento do sistema sanitario a estas persoas mediante ferramentas formativas relacionadas co desenvolvemento dalgunhas técnicas de diagnóstico, consultas con especialistas etc.
Os vídeos de accesibilidade cognitiva permiten salvar a barreira idiomática para que estas persoas poidan comprender, de forma sinxela, os pasos que se seguen nas diferentes situacións da atención sanitaria.
O vídeo para a dispensación da vacina axuda a reducir a ansiedade ou descoñecemento previos á consulta.

Este libro está deseñado principalmente para que os alumnos dos cursos de acreditación de competencia en benestar durante o transporte aprendan as nocións básicas necesarias para trasladar os animais por estrada.

Director/a
González Rey
María Isabel
Lingua/s
Galego

Cadernos de Fraseoloxía Galega, revista científica do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades dedicada á promoción dos estudos fraseolóxicos en Galicia, presenta un novo número. Este volume n.º 20, correspondente ao ano 2018, está composto por catro artigos que xiran arredor das novas tecnoloxías aplicadas á fraseodidáctica, da paremioloxía galega do viño e da fraseoestilística da tradución poética bielorrusa. Tamén se inclúen unha escolma da fraseoloxía de Tabeirós extraída da obra Contiños da Terra (1931) de Manuel García Barros, sete recensións de obras relevantes do eido e as novidades bibliográficas máis destacadas de 2018

Autor/a
Aguayo Lorenzo
Eva... [et al.]
Lingua/s
Galego

Este traballo ten por principal obxectivo afondar no coñecemento do senfogarismo feminino en Galicia, poñendo o foco nas mulleres. Preténdese, así mesmo, coñecer como se están a atender as súas necesidades.. A mellora no coñecemento das mulleres que son atendidas polos servizos sociais, do seu perfil sociodemográfico e sociolaboral, así como dos servizos dos centros de que son usuarias, e das necesidades detectadas ten por obxectivo último que as mulleres en situación de senfogarismo poidan saír da situación de exclusión social en que se atopan en Galicia.

Editor/a literario/a
González
Déborah
Lingua/s
Galego

A monografía, que corresponde ao nº 2 da serie ArGaMed, reúne unha serie de capítulos a cargo de especialistas consagrados nos estudos medievais, con dedicación á lírica trobadoresca, dando prioridade aos enfoques lingüístico, sociolingüístico e pragmático. Entre as páxinas do volume, o lector poderá encontrar traballos con dedicación a diferentes cuestións lingüísticas. Ademais, convídase o lector a reflexionar sobre a formación da tradición manuscrita galego-portuguesa, a partir do recoñecemento de estratos scripto-lingüísticos diferentes. Tamén se reflexiona sobre a circulación dunha antoloxía de cantigas medievais en época posterior ao movemento trobadoresco, a partir do exame da localización e autoría das composicións "espurias", de incorporación máis recente. Coa finalidade de ofrecer unha nova hipótese sobre a identidade do autor, tamén se atende a algún problema grave de atribución, entre os aínda persistentes no cancioneiro galego-portugués. Tamén se proporciona unha ampla aproximación á produción trobadoresca galego-portuguesa desde unha perspectiva sociolingüística. Así mesmo, lévase a cabo unha avaliación de usos e expresións concretas en relación co xénero lírico, así como do uso do galego nunha das máis célebres composicións plurilingües do período trobadoresco.