Catálogo

Amosando 1741 - 1752 de 2049

Dirixido á información e sensibilización das/dos profesionais do ámbito xurídico sobre a trata de persoas con fins de explotación sexual que inclúe o mapa de recursos das entidades que traballan nesta problemática en Galicia.

Esta guía hai que enmarcala dentro das actividades desenvolvidas no proxecto POCTEP "Eurorexión Termal e da Auga". Trátase dunha guía turística das vilas de Verín, Chaves e Vidago de que contan cun fío condutor común, as augas termais. A guía fai unha descrición das rotas, percursos e demais recursos turísticos asociados ás augas termais, das tres vilas que compoñen a Eurocidade, con mapas detallados e multitude de fotografías da zona. Así mesmo, conta cun catálogo de actividades complementarias (aloxamento, restaurantes, compras) e cun mapa grande descritivo da zona.

Tradutor/a
Poulsen Sloth
Pia
Lingua/s
Danés

As peregrinacións Xacobeos a Compostela dende os países escandinavos foi o fío condutor da investigación do profesor Vicente Almazán. A obra recolle o interese que espertaron as peregrinacións e analiza as probas existentes nas raíces da unidade europea n

Material didáctico que busca sensibilizar e motivar a mocidade cara o voluntariado. As actividades desenvólvense ao redor de 4 bloques temáticos: aprendizaxes básicas, actitudes e valores, sensibilización e orientación Acompaña a publicación unha listaxe de documentos de apoio que afondan e amplían coñecementos na materia.

Neste documento recóllese un conxunto de datos relativos aos accidentes de traballo rexistrado en Galicia no ano 2011. Trátase dun avance no que se amosan datos de especial interese e que teñen carácter previo á publicación do anuario de sinistralidade laboral, en tanto non se estabilizan os datos, e se elabora a publicación tras o tratamento estatístico dos partes de accidentes laborais e das enfermidades profesionais, notificados á autoridade laboral de Galicia e tramitados e procesados polo ISSGA, como órgano técnico en prevención de riscos laborais.

Historia de tres persoas que decidiron asumir o reto de emprender, de poñer en marcha as súas ideas, conscientes de que a única idea boa é a que se converte en acción. O libro explica o proceso de creación e posta en marcha dun proxecto de autoemprego colectivo en réxime de cooperativa, como fórmula de emprendemento solidario fronte aos que deciden emprender en solitario.