Infomación para solicitar o servizo do matadoiro móbil de gando ovino, cabrún e porcino de Galicia.
Infomación para solicitar o servizo do matadoiro móbil de gando ovino, cabrún e porcino de Galicia.
Folleto que indentifica os EPI que se empregarán segundo o posto desempeñado no sector forestal. Inclúe os postos de motoserrista, operario/a de poda/corta en altura, operario/a de rozadora, peón forestal, maquinista forestal e transportista forestal. Para cada posto emprega unha ficha, na parte dianteira contén recomendacións e na traseira, a descrición dos EPI que se deben empregar. Na páxina 15 inclúe unha táboa resumo coa indicación da obrigatoriedade do emprego.
O cancro de mama é o máis frecuente entre as mulleres e a principal causa de morte por esta enfermidade. A radioterapia intraoperatoria (RIO) consiste en aplicar unha única dose de radiación directamente na área do tumor durante a cirurxía. Este informe analiza como de efectiva e segura é esta técnica para previr recaídas e mellorar a calidade de vida, en comparación coa radioterapia tradicional. Os estudos revisados indican que a RIO presenta máis risco de recaídas que a radioterapia externa, pero causa menos efectos secundarios e pode achegar maior benestar ás pacientes. A pesar da súa comodidade, aínda precisa máis evidencia para confirmar a súa efectividade a longo prazo.
A prescrición diferida de antibióticos consiste en iniciar o tratamento antibiótico 2-3 días despois da consulta, só se os síntomas non melloran. Esta estratexia reduce o uso innecesario de antibióticos no tratamento de infeccións respiratorias superiores, que adoitan ser víricas e autolimitadas, dunha forma segura e eficaz. Os niveis de satisfacción dos/as pacientes e as taxas de reconsulta son semellantes ás da prescrición inmediata. A súa implementación require a formación de profesionais e cidadanía, así como o uso de materiais informativos axeitados. As ferramentas electrónicas de xestión das prescricións contribúen ao éxito da intervención.
Non existe evidencia do uso da campá de baleiro no tratamento do pectus excavatum (PE) en pacientes menores de 18 anos en comparación coa corrección cirúrxica mínimamente invasiva (MIRPE). Así mesmo, tampouco se estableceu a súa efectividade en comparación con outras intervencións, como a fisioterapia respiratoria ou medidas estándar de coidado do PE. Por outra parte, en pacientes demasiado novos para se someteren a cirurxía, ou que a rexeitan, a evidencia está limitada a un único estudo de baixa calidade con resultados moi modestos, o cal impide determinar con certeza a súa efectividade real. Aínda que o dispositivo pode considerarse seguro, notificáronse acontecementos adversos de escasa entidade asociados ao seu uso.
Esta publicación recolle as variedades locais de cebolas galegas conservadas no banco de xermoplasma do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM), co obxectivo de dar a coñecer a diversidade varietal deste cultivo tradicional da horta galega.
Este número dedica boa parte dos seus contidos á gandería, abordando aspectos de produción de carne e leite, así como cuestións de sanidade animal, e inclúe tamén artigos sobre un viño de excelencia, que xa se producía en Galicia hai séculos, o Tostado, a fertilización sustentable, os riscos en xeles hidroalcohólicos e investigacións forestais con impresionantes imaxes microscópicas.
A Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro (LORPM) pon o acento nas funcións rehabilitadoras e reeducadoras e establece un catálogo de medidas de natureza sancionadora-educativa que, baseado no superior interese da persoa menor, perseguen a integración e a reinserción social dos menores que delinquen. Esta memoria recolle os datos estatísticos de execución relativos ao ano 2024 e preséntase dividida en catro bloques: medidas notificadas, medidas en execución, medidas pendentes de execución e datos sobre as persoas menores que estiveron executando medidas.
Folleto que indentifica os EPI que se empregarán segundo o posto desempeñado no sector forestal. Inclúe os postos de motoserrista, operario/a de poda/corta en altura, operario/a de rozadora, peón forestal, maquinista forestal e transportista forestal. Para cada posto emprega unha ficha, na parte dianteira contén recomendacións e na traseira, a descrición dos EPI que se deben empregar. Na páxina 15 inclúe unha táboa resumo coa indicación da obrigatoriedade do emprego.
O Protocolo para a atención de persoas LGBTI nos Centros de Información á Muller (CIM) e para a prevención da LGBTIfobia ten como obxectivo dotar o seu persoal dunha ferramenta práctica para atender de maneira eficaz e respectuosa as persoas usuarias do CIM pertencentes ao colectivo LGBTI, poñer en marcha actuacións de prevención ante condutas LGBTIfóbicas, canalizar as denuncias de LGBTIfobia ante o Observatorio galego contra a discriminación por orientación sexual e identidade de xénero, así como levar a cabo accións nos centros, para que actúen e se visibilicen como espazos seguros para o colectivo.
O obxectivo deste informe é estimar a necesidade de médicos/as para o sistema sanitario de Galicia a medio prazo, poñéndoa en relación coas necesidades de formación universitaria e a especialidade en ciencias da saúde, que comezaría unha vez rematado o período anterior.
Este informe de avaliación da Lei de inclusión social de Galicia informa sobre as prestacións económicas xestionadas pola Consellería de Política Social e Igualdade, a través da Dirección Xeral de Inclusión Social durante 2024 e relativas á renda de inclusión social de Galicia (Risga) e ás axudas de inclusión social (AIS).