Unidade didáctica sobre a organización e os procedementos de actuación para facer fronte aos incendios forestais dentro do territorio galego.
Unidade didáctica sobre a organización e os procedementos de actuación para facer fronte aos incendios forestais dentro do territorio galego.
Guía para fomentar as boas prácticas gandeiras, na que se propón un conxunto de técnicas e metodoloxías de traballo como referencia para os profesionais do sector agrogandeiro no desenvolvemento da súa actividade, para acadaren unha produción máis sostible e respectuosa co medio natural.
Guía para fomentar as boas prácticas agrícolas, na que se propoñen un conxunto de técnicas e metodoloxías de traballo, como referencia para os profesionais do sector agrícola no desenvolvemento da súa actividade, para alcanzar unha produción máis sostible e respectuosa co medio natural.
Volume que reúne información útil para os produtores de castaña e viveiristas galegos na elección das variedades e portaenxertos, nas súas técnicas de multiplicación, na instalación e coidado dos soutos e, finalmente, na identificación das pragas e enfermidades do castiñeiro e nas medidas que cómpre tomar para as combater.
Texto da obra gañadora do VIII Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico, de 2014.
Trátase dun certame xa ben consolidado e seguido, no que cada ano aparecen nomes novos, cunha achega de calidade e de frescura extraordinarias cara a esta forma dramática, canalizada unicamente co soporte da voz e do son.
Os obxectivos da "Guía de práctica clínica sobre o manexo da depresión no adulto. Versión resumida" son: mellorar a atención sanitaria prestada a pacientes con depresión no ámbito da atención primaria e hospitalaria do Sistema Nacional de Saúde; ofrecer recomendacións actualizadas ao persoal profesional sanitario para a atención a pacientes con depresión.
O Plan estratéxico 2017 da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 é o documento que recolle o que a organización quere ser dentro de catro anos e como conseguilo. No plan establécese en que grandes áreas de interese hai que traballar e mediante que plans de acción concretos pode achegarse ao que a fundación quere ser.
Memoria da actividade desenvolvida por Galaria, empresa pública de servizos sanitarios durante o ano 2013, que inclúe actividade asistencial, consultoría e protección radiolóxica, produción de radiofármacos, participación en actividades de eficiencia enerxética e xestión do servizo de cita previa telefónica "Saúde en liña", así como os datos de recursos humanos, actividade científica, estrutura organizativa e novas tecnoloxías incorporadas á empresa.
Esta memoria recolle as accións e indicadores da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública para o ano 2013. Recompilouse a información relevante para cada un dos catorce servizos cos que conta esta dirección xeral. Ademais faise unha síntese dos sistemas de información xestionados e das publicacións realizadas na web e na intranet.
Esta memoria recolle as accións e indicadores máis destacables da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública para o ano 2013. Recompilouse a información relevante para cada un dos catorce servizos cos que conta esta dirección xeral. Ademais faise una síntese dos sistemas de información xestionados e das publicacións realizadas na web e na intranet.
A OMS define a avaliación de impacto en saúde (AIS) coma unha combinación de procedementos, métodos e ferramentas polas cales unha política, un programa ou un proxecto pode avaliarse en función dos seus potenciais efectos sobre a saúde e a distribución destes na poboación sobre a que se actúa. O obxectivo xeral da AIS é ofrecerlles información quen toman as decisións sobre as implicacións na saúde que teñen as políticas que se van establecer, tendo en conta valores como a democracia, a equidade, o desenvolvemento sostible e o uso ético da evidencia. En outubro de 2012 impartiuse en Santiago de Compostela o curso Introdución á Avaliación do Impacto en Saúde, que tivo unha parte non presencial que se desenvolveu en liña, e cuxos resultados se presentan neste informe.
A OMS define a avaliación de impacto en saúde (AIS) como unha combinación de procedementos, métodos e ferramentas polas cales unha política, un programa ou un proxecto pode ser avaliado en función dos seus potenciais efectos sobre a saúde da poboación e da distribución destes na dita poboación. O obxectivo xeral da AIS é ofrecerlles información a quen toman as decisións sobre as implicacións na saúde que teñen as políticas que se van establecer, tendo en conta valores como a democracia, a equidade, o desenvolvemento sostible e o uso ético da evidencia. En outubro de 2012 impartiuse en Santiago de Compostela o curso Introdución á Avaliación do Impacto en Saúde, cunha parte non presencial, que se desenvolveu en liña e cuxos resultados se presentan neste informe.