Documento no que se recollen as principais medidas preventivas nos traballos de aproveitamentos forestais.
Documento no que se recollen as principais medidas preventivas nos traballos de aproveitamentos forestais.
Cartilla concibida para rexistrar os datos sanitarios de interese e levar un control de vacinas que se van administrando ao longo do período de vixencia destas, así como outros datos que consideren relevantes as persoas profesionais sanitarias.
Publicación que recolle una longa serie de consellos para os coidados infantís durantes os primeiros anos de vida. Dirixidos ás nais e aos pais.
Publicación realizada co obxectivo de fomentar a lactación materna, sobre a base de moitos estudos científicos que demostran que os bebés aleitados teñen un mellor estado de saúde e menor risco de padecer enfermidades.
Catálogo coas obras premiadas na convocatoria do Certame de Creadores Novos Xuventude Crea 2014, convocado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. Consta de notas biográficas das persoas premiadas nas once especialidades, xunto coas súas fotografías e as imaxes das obras gañadoras.
Cartel anunciador do certame Xuventude Crea 2015, escollido como gañador do concurso convocado para o efecto.
Publicación periódica mensual en liña na que se recollen novas sobre as actuacións máis salientables da Xunta de Galicia nos eidos laboral e do benestar. Acompaña a publicación unha recompilación normativa de lexislación relacionada con estes ámbitos de carácter autonómico (DOG e diarios oficiais das restantes comunidades autónomas), estatal (BOE) e comunitario (DOU).
Novo boletín informativo de periodicidade bimestral elaborado pola Sección de Publicacións e Estatísticas da Secretaría Xeral Técnica. Estrutúrase en varias seccións: Actualidade, Estatísticas, Alertas bibliográficas e Normativa e ten como principal obxectivo informar sobre as actuacións máis salientables da Consellería no seu ámbito competencial e a información e formación dos seus usuarios.
Boletín trimestral no que se recollen novidades e artigos de opinión en materia de responsabilidade social empresarial de Galicia.
Boletín trimestral no que se recollen novidades e artigos de opinión en materia de responsabilidade social empresarial de Galicia.
Anuario dos premios do certame de creadores novos Xuventude Crea 2015 que convoca a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Consta de notas biográficas dos premidados nas once especialidades, así como de fotografías dos autores e das obras gañadoras.
Folleto que recolle información relativa aos accidentes de traballo rexistrados en Galicia no ano 2015. Trátase dun avance no que se amosan datos de especial interese e que teñen carácter previo á publicación do anuario de sinistralidade laboral, no que se amosan datos referidos aos partes de accidentes laborais e das enfermidades profesionais, notificados á autoridade laboral de Galicia.