Catálogo

Amosando 913 - 924 de 2050
Autor/a
Gómez Suárez
Ana Fátima... [et al.]
Ilustrador/a
Díaz Martínez
Encarnación
Lingua/s
Castelán

A Fundación Ingada e a Consellería de Política Social presentan esta guía de asesoramento técnico e xurídico para aquelas familias nas cales algún dos seus membros están afectados polo TDAH. Nela atópanse explicacións que axudan a aliviar, entender, previr e soportar a vida cotiá destas familias de forma plena e feliz.

Autor/a
Moreno
Mª Victoria
Lingua/s
Galego

Obra en que se recollen e describen as características do verso e da prosa establecendo as súas diferenzas, definindo, no caso do verso, os seus elementos máis esenciais como son a rima, a medida, a estrofa... e analizando a prosa desde os seus xéneros literarios: historia, a oratoria e a narrativa. Como colofón analiza a importancia da linguaxe literaria na confección de calquera obra.

Autor/a
Moreno
Mª Victoria
Lingua/s
Galego

Ensaio que nos presenta os idiomas oficiais de España, a súa xénese e a súa historia, tendo en conta as diferentes invasións e pobos que nos habitaron, e como a construción, evolución e convivencia dos diferentes idiomas foron configurando as linguas que hoxe falamos e escribimos.

Documento que recolle a análise de resultados do cuestionario censual sobre convivencia dirixido a toda a comunidade educativa galega, atendendo á visión de alumnado, profesorado, familias e persoal non docente, co obxectivo de ilustrar a situación da nosa comunidade nesta materia e informar da toma de decisións.

Boletín informativo de periodicidade bimestral elaborado pola Sección de Publicacións e Estatísticas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social. Estrutúrase en varias seccións: Actualidade, Estatísticas, Alertas e Normativa, e ten como principal obxectivo informar verbo das actuacións máis salientables da Consellería no seu ámbito competencial e a información e formación das persoas usuarias.