Catálogo

Amosando 757 - 768 de 994

En Galicia, Seguindo as recomendacións da OMS, véñense realizando estudos de saúde bucodental cada 5 anos dende 1995 entre escolares de 6 e 12 anos. Ao longo desa década produciuse unha mellora na saúde dental dos escolares galegos. Cunha redución na prevalencia de carie do 39% aos 6 anos (de 46,7% en 1995 a 28,6% en 2005) e do 18% aos 12 (64,2% a 52,7%). Aínda que xa no ano 1995 se cumpriran os obxectivos propostos pola OMS para o ano 2000 na rexión europea. Co fin de continuar a serie quinquenal a Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública levou a cabo un novo estudo ded Saúde bucodental en escolares de Galicia no ano 2010, incluíndo neste caso o grupo de 15 anos. Esta publicación mostra os resultados deste estudo.

En Galicia, Seguindo as recomendacións da OMS, véñense realizando estudos de saúde bucodental cada 5 anos dende 1995 entre escolares de 6 e 12 anos. Ao longo desa década produciuse unha mellora na saúde dental dos escolares galegos. Cunha redución na prevalencia de carie do 39% aos 6 anos (de 46,7% en 1995 a 28,6% en 2005) e do 18% aos 12 (64,2% a 52,7%). Aínda que xa no ano 1995 se cumpriran os obxectivos propostos pola OMS para o ano 2000 na rexión europea. Co fin de continuar a serie quinquenal a Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública levou a cabo un novo estudo ded Saúde bucodental en escolares de Galicia no ano 2010, incluíndo neste caso o grupo de 15 anos. Esta publicación mostra os resultados deste estudo.

Autor/a
Verdes Queiro
Teresa
Lingua/s
Castelán

A anemia falciforme é unha enfermidade sistémica producida por unha alteración genética da hemoglobina que se trasmite por herencia autosómica recesiva, preséntase máis frecuentemente na áreas xeográficas nas que a malaria é endémica, aínda que este patrón xeográfico variou cos recentes fluxos migratorios. En España a incidencia estimada da anemia falciforme é baixa. As manifestacións clínicas dependen do genotipo e da idade. Nas formas máis graves o cadro clínico pode iniciarse nos primeiros meses de vida e producir unha elevada mortalidade, debido principalmente ás infeccións por xermes encapsulados. O obxectivo do cribado neonatal de anemia falciforme é iniciar o tratamento antibiótico profiláctico precozmente para reducir a incidencia e a mortalidade.

Esta "Guía informativa sobre a violencia laboral de orixe externa", presentada no pleno do Observatorio de violencia laboral do 18 de marzo de 2013, está dirixida a proporcionar aos profesionais información útil para evitar este tipo de incidentes e para coñecer cómo actuar en caso de que se produzan.

O informe describe o Programa galego para a detección da xordeira en período neonatal, obxectivo xeral, obxectivos específicos, población obxectivo, proba de cribado, estructura organizativa e procedementos. Así como os resultados do mesmo no período 2012.

A enfermidade renal crónica é un importante problema de saúde pública pola súa elevada prevalencia, a súa importante morbi-mortalidade cardiovascular, e os custos sociais e económicos que supón. As opcións finais do tratamento son a diálise ou un trasplante de riñón, pero existe unha brecha crecente entre o número de doantes e receptores, por iso é necesario aumentar o número e calidade dos órganos trasplantados. A máquina de perfusión pulsátil pode presentar fronte a conservación en frío unha serie de ventaxas que permitan ampliar os criterios do doante e aumentar a produción de doantes de órganos falecidos.

O informe describe o Programa galego de detección precoz do cancro de mama, obxectivo xeral, obxectivos específicos, poboación obxectivo, proba de cribado, sistema de información, estrutura asistencial, programa de garantía de calidade e os principais resultados e indicadores do período 1992-2011.

O obxectivo do informe e avaliar a eficacia/efectividade, seguridade do cribado neonatal da FQ e describir as diferentes estatexias de cribado neonatal da FQ (protocolos, probas, etc). Este informe ten características especiais da edición xa que responde aos requisitos das publicacións editadas dentro do convenio de colaboración entre o Instituto de Salud Carlos III, e a Comunidade Autónoma de Galicia, para a avaliación de tecnoloxías sanitarias dentro do Plan de Traballo da "Red Española de Agencias de Evaluación de Tecnologías y Prestaciones del SNS" (antes Plan de Calidad para el SNS) aprobado en Consello Coordinador de Publicacións da Xunta de Galicia, con data de 29 de xuño de 2010.

O obxectivo deste informe é avaliar a efectividade clínica do cribado neonatal dos seguintes erros conxénitos do metabolismo, enfermidade dos ouriños con olor a sirope de arce, homocistinuria, acidema glutárica, acidema isovalérica e deficiencia de 3-hidroxil-acil-CoA deshidrogenasa de cadea longa. Este informe ten características especiais de edición xa que responde aos requisitos das publicacións editadas dentro do convenio de colaboración entre o "Instituto de Salud Carlos II", e a Comunidade Autónoma de Galicia, no marco de desenvolvemento de actividades da "Red Española de Agencias de Evaluación de Tecnologías y Prestaciones del SNS", (antes Plan de Calidad para el SNS) financiadas polo "Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad".

O obxectivo do informe é avaliar a eficacia/efectividade, seguridade e custos da técnica Dsaek sola ou comparada coa queratoplastia endotelial en pacientes con fracaso endotelial corneal. Este informe ten características especiais da edición xa que responde aos requisitos das publicacións editadas dentro do convenio de colaboración entre o Instituto de Salud Carlos III, e a Comunidade Autónoma de Galicia, para a avaliación de tecnoloxías sanitarias dentro do Plan de Traballo da "Red Española de Agencias de Evaluación de Tecnologías y Prestaciones del SNS" (antes Plan de Calidad para el SNS) aprobado en Consello Coordinador de Publicacións da Xunta de Galicia, con data de 29 de xuño de 2010.