Resumo da actividade global, de descrición detallada, da actividade realizada polos distintos Servizos da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol ao longo do ano 2017, tanto no hospital como nos centros de saúde.

Manual de uso da identidade corporativa do proxecto RedMay (Rede de apoio e mantemento comunitario de persoas maiores no contorno rural mediante a tecnoloxía e a innovación no marco da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal). Os elementos desta marca serán utilizados sempre conxuntamente co logo do Programa Interreg V-A España Portugal (POCTEP) 2014-2020
O obxectivo deste documento é avaliar a viabilidade e aplicabilidade do programa TIDY no Sistema nacional de saúde. Este informe revisa a evidencia científica sobre efectividade, seguridade e viabilidade do programa TIDY ou programas alternativos de identificación terapéutica da depresión en atención primaria.
O obxectivo deste documento é avaliar mediante revisión sistemática a efectividade clínica do cribado neonatal da inmunodeficiencia combinada grave (DCG) mediante a detección de TRC (círculo de escisión do receptor de linfocito T) por PCR cuantitativa (qPCR).
O obxectivo deste documento é avaliar a efectividade, seguridade e eficiencia do sistema MARS no tratamento da IHA e da IHCA fronte ao tratamento médico estándar (TME).
O obxectivo deste documento é avaliar a efectividade, seguridade, e eficiencia do chaleco LifeVest para a prevención da morte súbita cardíaca debido a taquiarritmias ventriculares fronte a tratamentos habituais.
O obxectivo deste documento é analizar a seguridade, a efectividade, así como as consideracións de implementación e os aspectos económicos, de organización, sociais, éticos ou legais derivados do uso dos DAVI como terapia de destino.
O obxectivo deste documento é avaliar a terapia Avatar (Avatar therapy, Audio Visual Assisted Therapy Aid for Refractory auditory hallucinations).
O obxectivo desta publicación é avaliar o sistema Vivistim para a rehabilitación da discapacidade da extremidade superior tras accidente cerebrovascular.
O Consello de Bioética de Galicia ten como misión asesorar a Administración e os profesionais da saúde, promover no ámbito sanitario a formación e a consideración da bioética como criterio de calidade e boa práctica profesional, e contribuir á información e ser foro de referencia do debate bioético na sociedade galega. O obxectivo do novo documento estratéxico é dirixir a atención ás posibles situacións de vulnerabilidade das persoas anciás e interpelar os cidadáns, os profesionais e os poderes públicos para combinar de xeito harmónico catro elementos: vulnerabilidade, ancianidade, ética e Galicia.
Guía farmacoterapéutica de utilización no ámbito sociosanitario, especialmente naqueles centros que dispoñen de convenio do Servizo Galego de Saúde para a subministración da prestación farmacéutica no marco do programa de atención farmacéutica. Esta guía de medicamentos encóntrase dirixida a todos os profesionais sanitarios cuxo ámbito de actuación é o sociosanitario e nace co obxectivo de homoxeneizar a prestación farmacéutica subministrada aos residentes nestes centros independentemente da xerencia de xestión integrada encargada da prestación.