Información estruturada a través de fichas nas que se nos proporciona un estudo polo miúdo do mercado laboral galego nas 4 provincias da Comunidade Autónoma de Galicia achegando datos de poboación, paro rexitrado e contratación

Información estruturada a través de fichas nas que se nos proporciona un estudo pormenorizado do mercado laboral galego nas 53 comarcas da Comunidade Autónoma de Galicia e nas que se achegan datos de poboación, paro rexitrado e contratación.
Publicación periódica mensual na que se recollen novas sobre as actuacións máis salientables da Xunta de Galicia nos eidos laboral e do benestar. Acompaña á publicación unha recompilación normativa de lexislación relacionada con estes ámbitos de carácter autonómico (DOG e diarios das restantes comunidades autónomas), estatal (BOE) e comunitario (DOUE). Tamén se dá unha relación das publicacións editadas en rede cos seus enlaces para a súa descarga.
O estudo do mercado laboral de Galicia elaborado polo Observatorio das Ocupacións, servizo do Instituto Galego das Cualificacións, pretende servir de instrumento eficaz dirixido ao servizo público de emprego e ás institucións e profesionais que desenvolven as súas actividades no ámbito laboral da orientación e a formación profesional, co fin de que teñan un coñecemento pormenorizado sobre a estrutura do mercado laboral da Comunidade Autónoma, proporcionando para este obxectivo información detallada dos principais variables que determinan e condicionan o funcionamento do mercado galego.
Análise das radiacións ópticas incoherentes: ultravioleta, visible e infravermellas, os seus valores límite de exposición e magnitudes e unidades de radiación óptica artificial.
Análise das radiacións ópticas incoherentes: ultravioleta, visible e infravermellas, os seus valores límite de exposición e magnitudes e unidades de radiación óptica artificial.
A avaliación de riscos resultará imprescindible para xestionar o risco de manipulación manual de pacientes. Os seus obxectivos serán por tanto mellorar as condicións de traballo, diminuíndo a carga biomecánica, como a implementar unha mellora da calidade asistencial. A avaliación dos risco requirirá ademais dunha planificación, e constará de varias etapas, entre as que sinalamos a identificación do problema, a estimación e avaliación do nivel de risco e a proposta das medidas preventivas axeitadas aos riscos detectados.

Neste libro danse as claves de por qué a creatividade é tan importante para acadar un emprego e para o desenvolvemento das empresas actuais. Nun mundo tan cambiante como o que nos tocou vivir, a creatividade e a imnovación son elementos imprescindibles para adaptarse ás necesidades laborais e desenvolver unha boa carreira profesional.
Publicación seriada na que se recolle información diversa do Instituto Galego das Cualificacións, para a súa divulgación.
Esta é unha publicación seriada na que se recolle información diversa do Instituto Galego das Cualificacións, para a súa divulgación.
Este caderno recolle aspectos básicos da xestión de clientes: como captalos e fidelizalos a través do desenvolvemento de accións de promoción e a atención ás súas dúbidas e reclamacións.