Coa publicación deste traballo, o Instituto Galego das Cualificacións persegue acadar un dos seus obxectivos prioritarios: coñecer a situación e a evolución do mercado de traballo galego nos distintos ámbitos territoriais, co fin de comprobar cales son as ocupacións máis representativas, e proporcionarlles esa información aos profesionais do emprego, da formación e da orientación laboral.