Cadernos de Fraseoloxía Galega | Núm 16/2014

Director/a
Ferro Ruibal
Xesús
10,50 €
Sinopse

O número 16, 2014 de Cadernos de Fraseoloxía Galega, dedicado a Fernando Varela Iglesias, contén 8 artigos na sección Estudos, verbo de diferentes aspectos da fraseoloxía e paremioloxía (de carácter semántico, didáctico,histórico, xeográfico ou contrastivo) sobre as seguintes linguas: asturiano, aragonés, catalán, italiano, romanche, galego, ruso, español, latín, turco, persa, árabe e grego antigo. A sección de Recadádivas ofrece catro recompilacións de material fraseolóxico de Valdeorras, As Neves, Ortegal e unha inédita de Antonio Couceiro Freijomil, o que suma en total 2.177 unidades fraseolóxicas. Faise a recensión de 11 obras de especialidade publicadas recentemente, e na sección Novas dáse conta de 1.054 referencias bibliográficas de actualidade; congresos, xornadas ou asembleas do ano 2014 e previstos para 2015; novidades de recursos e proxectos de investigación e o que chamamos “fraseografía espontánea”. Nos seus 14 anos de existencia, xa colaboraron nesta revista 177 investigadores de 22 países europeos.

Ficha técnica

ISSN
1698-7861
Editorial
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Santiago de Compostela
Ano de edición
2015
Edición
Lingua/s
Galego
Colección
Cadernos de Fraseoloxía Galega
Ilustracións
non
Volumes
1
Encadernación
Tapa branda
Páxinas
667
Medidas
17
24