Catálogo

Amosando 973 - 984 de 1922

Selección das disposicións normativas máis salientables no eido das políticas sociais elaboradas por esta consellería e publicadas ao longo dun ano no Diario Oficial de Galicia (DOG). Clasificadas en 5 grandes epígrafes, de cada rexistro danse os seguintes datos: título da disposición, núm. de DOG e data de publicación e acceso á norma en formato PDF e HTML.

Boletín informativo de periodicidade bimestral elaborado pola Sección de Publicacións e Estatísticas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social. Estrutúrase en varias seccións: Actualidade, Estatísticas, Alertas e Normativa, e ten como principal obxectivo informar sobre as actuacións máis salientables da Consellería no seu ámbito competencial e a información e formación de las personas usuarias.

Operación estatística extraída da información facilitada polas propias persoas interesadas sobre outorgamento ou renovación dos títulos de familia numerosa entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro do ano en curso. Informa tamén sobre a normativa aplicable e os requisitos que se deberán cumprir para o recoñecemento da condición de familia numerosa.

24,50 €
Editor/a literario/a
González González
Manuel
Lingua/s
Galego

Volume no que se recollen diversos traballos lingüísticos, biográficos e bibliográficos que queren honrar a traxectoria vital e académica do profesor Xesús Ferro Ruibal. Estudoso da onomástica galega e fraseólogo internacionalmente recoñecido, Ferro Ruibal é un divulgador incansable da lingua e cultura galegas. O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades ten a honra de contar co seu saber e o seu indiscutible compromiso, polo que se lle dedica esta colección de traballos como agradecemento.

Publicación anual con información estatística sobre menores en situación de desprotección e sobre adopcións. Define as distintas figuras legais que protexen a situación de risco e desamparo: garda, tutela e acollemento, ben sexa familiar ou residencial. Tamén define e analiza o proceso legal das adopcións, na súa dobre vertente: nacional e internacional. Por último, describe os programas de apoio ás persoas menores e ás súas familias levadas a cabo polos servizos especializados de protección da infancia.

Publicación estruturada a través da recompilación de fichas. Preséntase como un recurso de utilidade para o equipo docente encargado de poñer en marcha o Plan Proxecta, que ten como finalidade asesorar e facilitar a aprendizaxe da sexualidade por parte da nosa xuventude. Preténdese que aprendan a se coñeceren, a se aceptaren e a viviren a súa sexualidade dun xeito positivo e satisfactorio, e contribuír, deste xeito, ao seu pleno desenvolvemento persoal e social.

Guía electrónica en liña que recolle o conxunto de medidas e prestacións que a Xunta de Galicia lles ofrece ás familias, as prestacións económicas da Seguridade Social, o conxunto de permisos e excedencias, os beneficios fiscais de ámbito autonómico, as medidas e beneficios fiscais de ámbito estatal e os servizos, plans e programas. Todo iso encamiñado a apoiar e favorecer todos os membros da unidade familiar.

Guía electrónica en liña que recolle o conxunto de medidas e prestacións que a Xunta de Galicia lles ofrece ás familias, as prestacións económicas da Seguridade Social, o conxunto de permisos e excedencias, os beneficios fiscais de ámbito autonómico, as medidas e beneficios fiscais de ámbito estatal e os servizos, plans e programas. Todo iso encamiñado a apoiar e favorecer todos os membros da unidade familiar.