Boletín de periodicidade anual en que se recollen informacións diversas do Instituto Galego das Cualificacións para a súa divulgación.
Boletín de periodicidade anual en que se recollen informacións diversas do Instituto Galego das Cualificacións para a súa divulgación.
Publicación que proporciona un coñecemento pormenorizado sobre a estrutura do mercado laboral da Comunidade Autónoma de Galicia; presenta, para este obxectivo, información detallada das principais variables que condicionan o funcionamento do mercado de traballo.
Tríptico en inglés informativo e ampliado con novos clons respecto a 2015 sobre as liñas de conservación, selección e mellora xenética das principais especies de cerdeiras para uso forestal.
Tríptico en castelán informativo e ampliado con novos clons respecto a 2015 sobre as liñas de conservación, selección e mellora xenética das principais especies de cerdeiras para uso forestal.
Edición en castelán do libro A cerdeira galega para madeira: selección, conservación e usos actuales, na que se inclúen novos clons experimentais de cerdeiras e o uso da cerdeira como materia prima nos oficios tradicionais.
Monográfico sobre a variedade da uva Treixadura, característica da comarca do Ribeiro.
Folla divulgadora sobre a avespa do castiñeiro (Dryocosmus kuriphilus), considerada a principal praga do castiñeiro europeo.
Folla divulgadora en castelán sobre a avespa do castiñeiro (Dryocosmus kuriphilus), considerada a principal praga do castiñeiro.
O estudo responde ao resultado do traballo realizado como parte da preparación previa do futuro Plan de atención ás persoas sen fogar en Galicia con dous obxectivos: ampliar e actualizar a información diagnóstica dispoñible sobre o senfogarismo en Galicia e recoller consideracións e perspectivas de intervención propostas desde grupos de persoas expertas, profesionais da área e con experiencia no senfogarismo.
Estratexia que pretende integrar todos os programas que se veñen desenvolvendo nos últimos anos para a atención ás persoas en situación de cronicidade baixo un modelo de traballo coordinado e innovador, orientado a incrementar a calidade e a seguridade da atención ás/aos pacientes crónicos, a satisfacción das/dos enfermos e a implicación das/dos profesionais.

O obxectivo deste documento é desenvolver unha ferramenta que facilite á Comisión de Prestacións, Aseguramento e Financiamento seleccionar e priorizar, dunha forma obxectiva e sistemática, as tecnoloxías sanitarias que avaliará a RedETS para a súa inclusión/exclusión ou modificación de condicións de uso na carteira de servizos.