Informe de datos estatísticos sociolaborais referidos ao ano 2022.
Informe de datos estatísticos sociolaborais referidos ao ano 2022.
Este libro tenta ofrecer unha simple ferramenta visual de identificación destes rechamantes moluscos pertencentes á orde Nudibranchia, coñecidos popularmente como lesmas de mar ou nudibranquios, mediante fotos realizadas no seu hábitat natural, a toda persoa interesada, tanto profesional como afeccionada, desde biólogos, educadores científicos, mergulladores curiosos, mariñeiros ou ata simples observadores das pozas intermareais.
O libro Esponxas mariñas de Galicia é unha obra divulgativa e de consulta especializada, que pretende achegar a fauna mariña da nosa comunidade dunha maneira nova, isto é, mostrando os animais da maneira na que se atopan no medio natural. As descricións incluídas na obra son o resultado de máis de 10 anos de estudo e recollida de datos que permiten achegar información suficiente como para que calquera persoa que teña interese poida achegarse a este grupo de animais tan descoñecido e, tradicionalmente, só ao alcance dos especialistas. O libro contén información sobre máis de 220 especies de esponxas, acompañadas de máis de 520 fotografías submarinas a toda cor, que complementan as descricións e achegan detalles importantes para a identificación.
O principal obxectivo desta publicación é dar a coñecer as posibilidades da construción con madeira estrutural e as calidades desta, especialmente desde un punto de vista técnico.
A finalidade desta publicación é dar a coñecer e sistematizar os aspectos máis importantes da normativa actualmente vixente en materia de espectáculos públicos e actividades recreativas, nomeadamente o Decreto 226/2022, do 22 de decembro, polo que se regulan determinados aspectos da organización e desenvolvemento dos espectáculos públicos e actividades recreativas e se constitúe o Rexistro de Empresas e Establecementos.
Esta guía inclúe, entre outros aspectos, a regulación das instalacións portátiles e desmontables, o capital mínimo que deben cubrir as pólizas de seguros de responsabilidade civil, os elementos de asistencia sanitaria e os dispositivos de vixilancia, o dereito de admisión, a venda de entradas e abonos, a información e publicidade ou o Rexistro de Empresas e Establecementos.
Cartel informativo sobre a vacinación fronte ao herpes zóster. Enviarase aos centros de saúde e hospitais para a información tanto ao persoal sanitario como aos usuarios.
Publicación que ten por obxectivo mellorar a seguridade dos pacientes a tratamento con Brivudina, Nitroglicerina e Buprenorfina, informar sobre as notificacións de sospeitas de reaccións adversas a medicamentos do ano 2022, así como recalcar a importancia de notificar as ditas sospeitas.
Actualización do informe anual da tuberculose, editado polo Programa galego de prevención e control da tuberculose, con datos do ano 2021 e a evolución do período 1996-2021.
O Manual DEA trata de utilizar os criterios sobre o uso do desfibrilador semiautomático externo (DEA) cara á docencia e a impartir os cursos DEA, polos instrutores de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, para formar o persoal no seu uso, como parte esencial da cadea de supervivencia.
Neste documento preséntase o manexo metodolóxico da Guía de práctica clínica (GPC) sobre atención paliativa ao adulto en situación de últimos días do programa de GPC no Sistema nacional de saúde. Para cada área clínica abordada preséntase a pregunta clínica en formato PICOD (Paciente, intervención, Outcomes resultados e Deseño), a procura bibliográfica, os perfís de evidencia GRADE, as táboas de evidencia e os estudos excluídos e motivos de exclusión. Finalmente, preséntanse os custos unitarios dos fármacos máis empregados na situación de últimos días.
A Xunta de Galicia ofrece a posibilidade de que a xuventude galega empregue o seu tempo libre estival participando en actividades de educación non formal de carácter lúdico, cultural, deportivo, formativo etc. Para iso, cada ano preséntase a Campaña de Verán, unha iniciativa ambiciosa que non só é unha actividade de ocio para os mozos e mozas galegos, senón que tamén é un recurso de conciliación da vida familiar e laboral.
Baixo o lema “O verán que sempre vas lembrar”, a Campaña de Verán de 2023 da Xunta de Galicia desenvólvese durante os meses de xullo, agosto e setembro.
Tríptico que ofrece información correcta á cidadanía sobre a doazón de sangue, para que quen o desexe se faga doante.