Este volume reúne, desde unha perspectiva interdisciplinaria, unha selección de traballos vencellados a proxectos predoutorais actualmente en desenvolvemento, ao coidado de novas investigadoras e investigadores. O eixo temático común é o estudo das diversas tipoloxías e modalidades de expresión da relixiosidade na Galicia medieval. A análise inédita de fontes literarias (lírica trobadoresca, literatura científica, Liber Sancti Iacobi), documentais (legados testamentarios) e artísticas (patrimonio monástico, escultura funeraria, arte románica) permite abordar a complexidade das prácticas relixiosas e a súa representación cultural no contexto histórico galego.