O coñecemento sobre a recuperación de zonas produtivas de moluscos aínda é moi escaso e hai moita marxe para seguir adiante coa innovación e mellora; isto é especialmente certo para o caso do berberecho común. O presente documento pretende sinalar as pautas e os puntos clave, con base no nivel de coñecemento actual, que considerar no deseño e execución dun programa deste tipo. Non se trata en absoluto dun documento pechado, senón que cumprirá ir actualizándoo na medida en que se vaian abordando experiencias.