Publicación que recolle a actividade desenvolvida na Área Sanitaria de Ferrol ao longo do ano 2009
Publicación que recolle a actividade desenvolvida na Área Sanitaria de Ferrol ao longo do ano 2009
A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia -061 edita a súa memoria de actividade do ano 2009, na que se inclúen os seguintes apartados, limiar, identificación do centro, contorno, estrutura e organización, recursos globais, actividade global, centro de formación en medicina de urxencias, emerxencias e catástrofes de Galicia, área de calidade, gabinete de prensa, servizo de tecnoloxía e sistemas da información e servizo de atención ao usuario.
Este informe ten como obxectivo principal a evaluación do funcionamento da ferramenta PriTec para priorizar tecnoloxías sanitarias que sería relevante observar tras a súa introdución na práctica clínica.
Nesta instrucción, dirixida a profesionais sanitarios, recóllense os obxectivos, a información técnica actualizada sobre as vacinas e os aspectos relativos á xestión da campaña de vacinación antigripal/antipneumocócica 2010.
O obxectivo deste informe é a elaboración de guías de uso de recursos de información útiles na práctica clínica e na investigación biomédica. Como produto deste informe elabóranse dúas guías, Guía de uso de National Guideline Clearinghouse, e Guía de uso de Clinicaltrials.gov. Publicadas como separatas na edición elctrónica.
Publicación dos tres mellores traballos de diplomado en sanidade. Edición electrónica.
Memoria da actividade desenvolvida por Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios durante o ano 2009, que inclúe actividade asistencia, de consultoría e protección radiolóxica, así como datos sobre recursos humanos, actividade científica, estrutura organizativa, enquisas de satisfacción e novas tecnoloxías incorporadas á empresa.
A memoria da Oficina de Coordinación de Transplantes correspondente ao ano 2008 recolle a actividade da oficina e dos hospitais galegos referida á doazón e transplante tanto de órganos como de tecidos. Tamén recollemos os datos do programa de garantía de calidade na doazón e transplante e detállanse os centros autorizados para extracción e o implante de órganos e tecidos e os establecementos de tecidos.En canto á oficina descríbense as actividades desenvolvidas póla mesma así como os obxectivos para o vindeiro ano.
Avaliación da afectividade e seguridade da radioterapia intraoperatoria en pacientes con cáncer colorrectal e cáncer de mama en termos de supervivencia e control local da enfermidade, así como no seu impacto sobre a calidade de vida dos pacientes con cáncer de mama.
Plan de emerxencias da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, como instrumento organizador e de xestión das emerxencias que permite optimizar os recursos sanitarios.
Información e forma de preguntas frecuentes, sobre o Radón.
Avaliación da eficiencia da implantación dun programa de vacinación frente ao neumococo, en poboación pediátrica mediante a realización dunha revisión sistemática de evaluacións económicas nas que comparen os costes e beneficios dun programa de vacinación frente a non vacinación.