Catálogo

Amosando 313 - 324 de 978

Folleto informativo sobre o Programa galego de detección precoz de cancro colorrectal dirixido á poboación diana do programa, homes e mulleres de 50 a 69 anos residentes en Galicia. Incorpora información sobre a importancia da detección precoz do cancro colorrectal e como participar no programa.

Os cambios sociais rápidos son factores de risco para o desenvolvemento de trastornos mentais. Tamén hai factores da personalidade e psicolóxicos, así como condicionantes biolóxicos, que fan que unhas persoas sexan máis vulnerables a padecer un trastorno mental. Existen estratexias e intervencións intersectoriais, eficaces e rendibles, de promoción, protección e restablecemento da saúde mental.Tomando como referencia o Plan de acción sobre saúde mental 2013-2020 da OMS, o Plan de saúde mental de Galicia posCOVID19 define 98 proxectos para minimizar o impacto da covid-19 na saúde mental da poboación galega.

O contido vai dirixido a técnicos sanitarios e persoal de ONG que traballan no campo do VIH-sida, tratando o tema das novas infeccións polo virus da inmunodeficiencia humana e outras infeccións de transmisión sexual. De maneira que se informa sobre o importante cambio que se produce cando este problema sanitario se considera desde a perspectiva de infección e non de enfermidade. E así coñecemos as características actuais da epidemia destas infeccións, tanto no que se refire ás persoas afectadas como ás prácticas de risco e distribución temporoespacial.

Memoria da actividade desenvolvida por Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios durante o ano 2019, que inclúe actividade asistencial, consultoría e protección radiolóxica, produción de radiofármacos, xestión do servizo de cita previa telefónica "Saúde en Liña", así como datos da estrutura organizativa, recursos humanos, actividades científicas e novas tecnoloxías incorporadas á empresa, entre outros aspectos do funcionamento da organización.

Entidade
Galicia. Xunta. Consellería de Política Social
Lingua/s
Galego

Memoria que con carácter anual edita a Consellería de Política Social, coas actuacións máis salientables do ano en curso. A publicación estrutúrase en tantos capítulos como ámbitos de actuación abrangue, agás o primeiro capítulo, no cal se analizan temas de carácter máis transversal, como a estrutura orgánica, información demográfica, recursos, publicacións e estatísticas etc.

Dentro da campaña de fomento da doazón de órganos e tecidos, os trípticos teñen unha función esencial: introducir de forma positiva a mensaxe de que a doazón de órganos e tecidos soluciona, a través dos transplantes, os males de moitos enfermos. Cada ano centos de persoas morren mentres agardan un transplante que precisan para salvar as súas vidas. Algunha desas vidas poderíase salvar se máis xente se fixese doadora. Estes trípticos vanse distribuír por centros de saúde, hospitais, asociacións de enfermos etc.