Catálogo

Amosando 205 - 216 de 978

Publicación do equipo de Inclusión do Centro Penitenciario de Teixeiro destinada á distribución no propio centro penitenciario entre participantes e potenciais participantes no II Plan galego de inclusión social. 

 

 

 

 

Entidade
Galicia, Xunta. Consellería de Política Social, Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica
Lingua/s
Galego

A Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro (LORPM) pon o acento nas funcións rehabilitadoras e reeducadoras e establece un catálogo de medidas de natureza sancionadora-educativa que, baseado no superior interese da persoa menor, perseguen a integración e a reinserción social dos menores que delinquen. Esta memoria recolle os datos estatísticos de execución relativos ao ano 2021 e preséntase dividida en catro bloques: medidas notificadas, medidas en execución, medidas pendentes de execución e datos sobre as persoas menores que estiveron executando medidas.

Autor/a
Suárez Luque
Silvia
Autor/a
Gómez Amorín
Ángel
Autor/a
Almazán Ortega
Raquel [et.al.].
Lingua/s
Galego

Documento de análise do Programa galego de detección precoz do cancro colorrectal, descrición do circuíto organizativo do programa e principais resultados do período 2013-2020.

Entidade
Vicesecretaría Xeral de Apoio á Empresa
Lingua/s
Inglés

Catálogo de Social services centres onde se recollen de forma clara e por orde cronolóxica todos os trámites administrativos exixibles e as actuacións necesarias para a implantación das iniciativas empresariais, incluídos os de competencia municipal dos concellos adheridos ao Sistema de atención ao investimento.
Este catálogo deberá actualizarse permanentemente e supón unha gran simplificación para as empresas e, en particular, para as persoas emprendedoras, que poderán consultar os trámites que lles serán exixidos pola Administración autonómica, o que supón facilitar a comprensión, a planificación e a tramitación da parte administrativa.

Entidade
Vicesecretaría Xeral de Apoio á Empresa
Lingua/s
Castelán

Catálogo de centros de servizos sociais onde se recollen de forma clara, e por orde cronolóxica, todos os trámites administrativos exixibles e as actuacións necesarias para a implantación das iniciativas empresariais, incluídos os de competencia municipal dos concellos adheridos ao Sistema de atención ao investimento.
Este catálogo deberá actualizarse permanentemente e supón unha gran simplificación para as empresas e, en particular, para as persoas emprendedoras, que poderán consultar os trámites que lles serán exixidos pola Administración autonómica, o que supón facilitar a comprensión, a planificación e a tramitación da parte administrativa.

Entidade
Vicesecretaría Xeral de Apoio á Empresa
Lingua/s
Galego

Catálogo de centros de servizos sociais onde se recollen de forma clara, e por orde cronolóxica, todos os trámites administrativos exixibles e as actuacións necesarias para a implantación das iniciativas empresariais, incluídos os de competencia municipal dos concellos adheridos ao Sistema de Atención ao Investimento.
Este catálogo deberá actualizarse permanentemente e supón unha gran simplificación para as empresas e, en particular, para as persoas emprendedoras, que poderán consultar os trámites que lles serán exixidos pola Administración autonómica, o que supón facilitar a comprensión, a planificación e a tramitación da parte administrativa.

Autor/a
Maceira Rozas
María del Carmen
Autor/a
Cantero Muñoz
Paula
Autor/a
Casal Acción
Beatriz
Lingua/s
Castelán

Os miomas uterinos son tumores benignos da parede do útero que poden causar problemas importantes como o sangrado uterino anormal ou menstrual abundante, presión ou dor na pelve e efectos na reprodución.
Avalia-t realizou este informe co obxectivo de determinar a efectividade e seguridade clínica da ablación por radiofrecuencia (ARF) no tratamento dos miomas uterinos sintomáticos en mulleres que desexan conservar o útero. A pesar de que a evidencia amosa unha seguridade aceptable, a falta de estudos comparativos non permite establecer conclusións definitivas sobre o beneficio-risco da ablación por radiofrecuencia.