Aviso legal

Información xeral

As presentes disposicións regulan o uso do servizo do portal de Internet (en diante, o "Portal") que a Xunta de Galicia pon a disposición dos/as usuarios/as de Internet.

A Xunta de Galicia é a titular do subdominio “libraria.xunta.gal” e dos distintos elementos nel incluídos.

O contido facilitado a través deste Portal non substitúe a publicidade das disposicións e actos que teñan que ser publicados formalmente en boletíns oficiais. Aínda que se efectuarán os esforzos precisos para que a información contida sexa exacta e actualizada, a Xunta de Galicia non garante a inexistencia de erros no contido deste Portal, nin que se atope totalmente actualizado.

A Xunta de Galicia non se fai responsable dos danos e prexuízos que puidese ocasionar o uso ilexítimo ou inadecuado das ferramentas e informacións contidas no Portal con excepción de todas aquelas actuacións que resulten da aplicación das disposicións legais ás que deba someterse no estrito exercicio das súas competencias.

A Xunta de Galicia non asume responsabilidade algunha derivada da conexión ou contidos das ligazóns a páxinas externas sobre as que non se ten ningún control, debendo a persoa usuaria deste Portal, en todo caso, aterse ás condicións de uso específicas das devanditas ligazóns.

A Xunta de Galicia resérvase a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo, modificacións e actualizacións sobre a información contida ou na súa configuración ou presentación.

Propiedade intelectual e industrial

Os dereitos de propiedade intelectual deste sitio web e dos seus elementos contidos son titularidade da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Todos os textos, imaxes e arquivos contidos neste sitio web posúen dereitos de autoría e non poden ser reproducidos, na súa totalidade ou en parte, sen autorización escrita dos seus propietarios legais, salvo naqueles que conten cunha licenza de uso que o permita expresamente.

Política de cookies

Este portal emprega cookies propias necesarias para o seu correcto funcionamento e cookies de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais.

Unha cookie é un pequeno arquivo de texto que un sitio web pode descargar nun equipo coa finalidade de obter e recuperar información cando vostede navega. As súas finalidades son variadas, por exemplo, recoñecerlle como usuario/a, obter información sobre os seus hábitos de navegación ou personalizar a forma na que se lle mostra o contido.

Os diferentes tipos de cookies empregadas neste portal poden clasificarse nas tres categorías sinaladas a continuación. Dito isto, é preciso ter en conta que unha mesma cookie pode estar incluída en máis dunha categoría.

Tipos de cookies segundo o prazo de tempo que permanecen activadas:

  • Cookies de sesión: créanse de forma temporal e son eliminadas unha vez que se abandona o sitio web.
  • Cookies persistentes: permanecen no navegador durante un período de tempo establecido e actívanse cada vez que se visita o sitio web que creou esa cookie.

Tipos de cookies segundo a entidade que as xestione:

  • Cookies propias: aquelas enviadas ao seu equipo e xestionadas exclusivamente pola Xunta de Galicia, que só obtén e conserva a información relativa aos datos de sesión e idioma. Estas son necesarias para o correcto funcionamento e visualización do portal por parte das persoas usuarias.
  • Cookies de terceiros: para o caso deste Portal, aquelas que se envían desde un dominio xestionado por outra entidade distinta da Xunta de Galicia.

Tipos de cookies segundo a súa finalidade:

  • Cookies técnicas: aquelas que permiten a navegación do/a usuario/a polo Portal e o emprego dos servizos dispoñibles nel.
  • Cookie analíticas: aquelas que permiten a medición e a análise do comportamento das persoas usuarias no portal co fin de introducir melloras  nel.
  • Cookies de preferencias: aquelas que permiten recordar información e personalizar a experiencia das persoas usuarias como, por exemplo, o idioma escollido.

Descrición das cookies

Este portal emprega as seguintes cookies:

Cookie Tipo Temporalidade Titularidade Finalidade
SESSIONID Técnica Sesión Propia Identificar a sesión activa de navegación.
xestion_cookies Técnica Sesión Propia Controlar a visualización e aceptación do propio aviso de xestión de cookies.
_ga Analítica Persistente Allea

Condicións do servizo
Distinción entre persoas usuarias
_gid Analítica Temporal Allea

Condicións do servizo
Distinción entre persoas usuarias
_ga_<id> Analítica Persistente Allea

Condicións do servizo
Mantén o estado da sesión
_gat_gtag_UA_<id> Analítica Temporal Allea

Condicións do servizo
Almacena o identificador único da persoa usuaria
Outras cookies en uso por Google Analytics Analítica

Personalización

Funcionalidade
Persistente

Temporal
Allea

Condicións do servizo
Diferenzan ás persoas visitantes e analizan o seu comportamento en liña
VISITOR_INFO1_LIVE Funcionalidade Temporal Allea

Condicións do servizo
Permite detectar e resolver problemas co servizo
YSC Seguridade Sesión Allea

Condicións do servizo
Garantir que as solicitudes de navegación proveñan dunha persoa e non doutros sitios
Vimeo Social Temporal Allea

Condicións do servizo
Usadas para amosar os contidos da rede no widget
_GRECAPTCHA Seguridade Temporal Allea

Condicións do servizo
Permite diferenciar ás persoas dos bots
_rspkrLoadCore Funcionalidade Sesión Allea

Condicións do servizo
Comproba a carga do módulo de lectura
ReadSpeakerSettings Personalización Temporal Allea

Condicións do servizo
Garda as preferencias de uso

 

As cookies de terceiros indicadas no cadro e empregadas neste portal son do seguinte tipo:

  • Técnicas: utilízanse para o control da aparición e aceptación do propio aviso de xestión de cookies e para almacenar un identificador único de sesión.
  • Analíticas: permiten a medición e análise estatística da navegación das persoas usuarias polo portal mediante o uso da ferramenta Google Analytics. A información recollida por estas cookies é transmitida a Google de forma anonimizada, polo que estas non recollen datos persoais. En todo caso, se desexa rexeitar o seu uso, siga os pasos indicados en Xestión das cookies.
  • Multimedia: utilízanse para rexistrar as preferencias do reprodutor de vídeo do usuario ao ver vídeos incrustados de Youtube e Vimeo.

Xestión das cookies

Se desexa restrinxir, rexeitar ou eliminar as cookies instaladas no seu equipo, suxerímoslle que modifique a configuración do seu navegador. Obteña toda a información necesaria nas seguintes ligazóns:

No caso de que decida rexeitar todas as cookies, informámoslle de que determinados servizos ou funcionalidades do portal poderían non responder correctamente.

Protección de datos

As persoas usuarias deste portal teñen á súa disposición toda a información relativa ao tratamento dos datos persoais levado a cabo pola Xunta de Galicia, incluíndo o modo no que poden exercitar os dereitos, o contacto cos delegados e as delegadas de protección de datos e demais aspectos segundo os termos esixidos polo Regulamento europeo de protección de datos persoais, na seguinte ligazón: información sobre protección de datos persoais.

Uso de linguas

O artigo 13 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas garante o exercicio dos dereitos lingüísticos recoñecidos no ordenamento xurídico e, en particular, os referidos ao uso do galego nas relacións da cidadanía coa Administración pública de Galicia. A estes efectos, o Portal posibilitará o acceso aos seus contidos e servizos en galego e castelán.

Lei aplicable e xurisdición

Para toda cuestión litixiosa ou que incumba ao Portal, será de aplicación a lexislación española, sendo competentes para a resolución de todos os conflitos derivados ou relacionados co uso do presente Portal os xulgados e tribunais da cidade de Santiago de Compostela.