Edicións facsimilares

Con esta colección de facsímiles coñecemos o aspecto co que saíron á luz algunhas publicacións na súa época.

Editor/a literario/a
Alonso Girgado
Luís
Editor/a literario/a
Mariño Taibo
Laura
Editor/a literario/a
Piñeiro Pais
Laura
Lingua/s
Castelán
Galego

Claridad foi un semanario publicado entre 1933 e 1934 en Santiago de Compostela. De ideoloxía republicana e natureza bilingüe, chegou a tirar do prelo vinte e catro números. Laico e autonomista, dirixido á clase obreira, o campesiñado e o estudantado, o seu director foi o escritor e intelectual Luís Manteiga. Esta edición, preparada por Luís Alonso Girgado, Laura Mariño e Laura Piñeiro Pais, incorpora un amplo estudo introdutorio á revista e reproduce facsimilarmente todos os seus números nunha memoria USB con formato tarxeta.

Editor/a literario/a
Alonso Girgado
Luís
Editor/a literario/a
Piñeiro Pais
Laura
Ilustrador/a
Vidales Pousa
Juan
Prologuista
Rodríguez Fer
Claudio
Lingua/s
Galego

Xistral (Lugo, 1949), foi una revista poética creada por Manuel María, o poeta de Outeiro de Rei, xustamente cando tiña vinte anos e aínda non publicara Muiñeiro de brétemas (1950), o seu primeiro poemario. Xistral, que toma o seu nome da Serra do Xistral luguesa, tirou unicamente dous números e foi publicación bilingüe coma todas as daqueles anos da posguerra. Foi unha aventura individual, de xuventude, sen medios económicos. Aínda así, tres grandes nomes da nosa lírica figuran nas súas páxinas: Álvaro Cunqueiro, Luís Pimentel e Aquilino Iglesia Alvariño. Este facsímile recupera unhas páxinas poéticas esquecidas e hoxe inencontrables, xustamente cando o Día das Letras 2016 está dedicado ao seu fundador: Manuel María Fernández Teixeiro.

Edición da reprodución facsimilar do exemplar conservado no ARG da Reseña de la Causa formada en el juzgado de Allariz distrito de La Coruña contra Manuel Blanco Romasanta, el hombre lobo, por varios asesinatos... publicada en 1859, xunto coa copia dixital do expediente xudicial orixinal que figura no Arquivo do Reino de Galicia.
A obra consta dun volume coa reprodución da Reseña e os estudos, e un CD coa copia da causa criminal.

En 1978, Ediciós do Castro publicou o número 5 de "Cuadernos do Laboratorio de Formas de Galicia" no que recollía a visión e recordos de persoas que tiveron relación, directa e indirecta, co Seminario de Estudos Galegos. Así, Fernández del Riego, Antonio Fraguas, Carballo Calero, Filgueira Valverde e outros persoeiros da cultura galega puideron ver, daquela, recollidas as súas reflexións sobre o SEG e o seu papel dende unha perspectiva científica e cultural de Galicia.
O Centro Ramón Piñeiro, a través da súa colección "Olladas no Pasado", quere darlle a importancia debida a este caderno cunha edición facsimilar, acompañada dun estudo introdutorio de Alfonso Mato, no centenario da creación do Seminario de Estudos Galegos.

Editor/a literario/a
Alonso Girgado
Luís
Editor/a literario/a
Andrés
Tamara
Autor/a
Naveira Fuentes
Manuel
Editor/a literario/a
Requeixo
Armando
Lingua/s
Castelán
Galego

Edición facsimilar da publicación periódica Mensajes de Poesía, dirixida por Eduardo Moreira e coa participación decisiva de Luz Pozo Garza. Trátase dunha das publicacións máis importantes da Galicia da Posguerra, na cal, entre 1948 e 1952, colaboraron algunhas das máis grandes voces da poesía galega e castelá deste tempo, como Vicente Aleixandre, Álvaro Cunqueiro, Carmen Conde, Pura Vázquez, Ánxel Fole ou Blas de Otero, entre outros.

24,38 €
Editor/a literario/a
Requeixo
Armando
Lingua/s
Galego

Edición facsímile dun poemario inédito da escritora Luísa Villalta que agora se exhuma, acompañado dun estudo introdutorio que contextualiza a obra no conxunto da produción da autora e dá razón das principais claves literarias que a sosteñen. O texto recuperado forma parte do Legado Luísa Villalta que se custodia no Centro Ramón Piñeiro e constitúe a primeira entrega da Biblioteca Luísa Villalta.