Memoria da actividade desenvolvida pola Unidade de Diagnóstico por Imaxe dependente de Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, dende a súa posta en funcionamento o día 4 de setembro de 1996 ata a súa integración na EOXI de Vigo o día 1 de xullo de 2019. Inclúe referencias ao seu sistema de xestión, a súa actividade asistencial, evolución da súa tecnoloxía, incorporación de técnicas innovadoras e actividade científica, e recolle ao final unha cronoloxía dos feitos máis salientables acontecidos nese período.