Manual que recolle o curso realizado virtualmente sobre o sector TIC dentro da actividade Academia do Coñecemento do Proxecto LACES (0129_LACES_1_E), no marco do programa INTERREG V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020.
Manual que recolle o curso realizado virtualmente sobre o sector TIC dentro da actividade Academia do Coñecemento do Proxecto LACES (0129_LACES_1_E), no marco do programa INTERREG V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020.
Selección das disposicións normativas máis salientables no eido das políticas sociais elaboradas por esta consellería e publicadas ao longo do ano 2020 no Diario Oficial de Galicia (DOG). Clasificadas en cinco grandes epígrafes, danse os seguintes datos de cada rexistro: título da disposición, núm. de DOG e data de publicación e acceso á norma en formato PDF e HTML.
A avaliación da magnetoterapia estática ou imanterapia realizouse dentro do Plan para a protección da saúde fronte ás pseudoterapias. A técnica, que se basea na utilización de campos magnéticos xerados por imáns ou outros dispositivos magnéticos, avaliouse na súa indicación para o tratamento da dor crónica ou aguda asociada a diversas enfermidades. Os estudos dispoñibles actualmente non demostran que a magnetoterapia sexa un tratamento eficaz para o alivio da dor, polo que non se considera adecuado o seu uso como terapia para o control da dor aguda ou crónica.
Publicación que describe o Programa galego para a detección precoz da xordeira en período neonatal´: obxectivo xeral, obxectivos epecíficos, poboación obxectivo, probas de cribado, estrutura organizativa e procedementos, así como resultados no período 2019.
A Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, concienciada de las necesidades asistenciais das persoas con sensibilidade química múltiple, así como pola necesidade de limitar a exposición ambiental dentro do ámbito sanitario, elaborou un protocolo de atención ás persoas con sensibilidade química múltiple coa intención de diminuír, na medida do posible, os axentes ambientais que se encontran dentro dos centros sanitarios e que poidan afectar estes pacientes.
Publicación que recolle os resultados do Programa galego de detección precoz do cancro de mama. Evolutivo 1992-2018.
Actualización do informe anual da tuberculose, editado anualmente polo Programa galego de prevención e control da tuberculose, con datos do ano 2019 e evolución do período 1996-2019.
Resumo da actividade asistencial, administrativa, docente e investigadora, así como da súa estrutura.
Cartel conmemorativo do Día Mundial da Sida 2020.
O obxectivo é dar a coñecer os resultados do Programa galego de detección precoz do cancro de mama.
Procedemento de aplicación en todos os centros sanitarios do Servizo Galego de Saúde, para detección precoz de mulleres en situación de violencia de xénero.
Procedemento de aplicación en todos os centros sanitarios do Servizo Galego de Saúde para a detección precoz de mulleres en situación de violencia de xénero.