Boletín editado pola Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 para dar a coñecer os últimos avances en urxencias prehospitalarias.
Boletín editado pola Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 para dar a coñecer os últimos avances en urxencias prehospitalarias.
Este libro inaugura a colección CGAC_Ensaio, un dispositivo editorial concibido polo CGAC para promover e difundir a escrita sobre arte e cultura contemporánea.
Rosendo Cid (Ourense, 1974) é o autor desta divertida reflexión acerca da práctica artística contemporánea titulada "A arte está feita dunha materia incerta e fragmentaria". Os membros do xurado do I Premio CGAC de Investigación e Ensaio, con que resultou galardoado en 2019, valoraron especialmente a orixinalidade do enfoque e a calidade literaria dun texto marcado polo humor e a ironía, dúas estratexias moi presentes na obra plástica do artista ourensán.
En novembro de 1970 o artista arxentino David Lamelas editou por primeira vez Publication, un libriño sen ilustracións con textos de Keith Arnatt, Robert Barry, Stanley Brouwn, Daniel Buren, Victor Burgin, Michel Claura, Gilbert & George, John Latham, Lucy R. Lippard, Martin Maloney, Barbara M. Reise, Lawrence Weiner. O libro recolle as reaccións destes artistas e críticos de arte a tres afirmacións formuladas por Lamelas arredor dunha cuestión central da arte conceptual: a relación existente entre arte e linguaxe. A peza, que se presentou por primeira vez na galería Nigel Greenwood Inc. Ltd. de Londres, poderá verse na exposición individual de David Lamelas no CGAC en 2021. Como novidade, a edición do CGAC inclúe un debuxo a cor de Marcel Broodthaers que non fora reproducido en ningunha das edicións e reimpresións anteriores da obra.

Manfred Gnädinger (Radolfzell, 1936-Camariñas, 2002), máis coñecido como Man de Camelle, foi un creador polivalente que desenvolveu o conxunto do seu labor en Camelle (Camariñas), totalmente á marxe do sistema artístico. Ao longo da súa vida dedicouse a integrar obxectos que o mar lle traía no contorno do seu xardín, formando esculturas e conxuntos artísticos en constante evolución que deron forma ao seu museo. O seu legado deixóunolo en forma de proxecto museográfico, seguindo un proxecto totalmente innovador, no que se plasmaban conceptos moi actuais sobre xestión, difusión e divulgación museística. Sistematizouno nun compendio de 606 fotografías, debuxos e escritos denominado "Museum vom Einsiedler Man". Camelle (A Coruña) Spanien, no que se recolle a esencia da súa creación artística entre os anos 1969 e 1978.
O proxecto expositivo "Work (always) in progress" formula un discurso secuencial que permite abordar os principais aspectos do traballo de Pedro Cabrita Reis (1956) a través de series representativas como Compounds, Favorite Places, True Gardens ou Floresta nun arco temporal que percorre tres décadas. A mostra articúlase por medio dunha trintena de obras que ocupan o vestíbulo e as plantas baixa e primeira do CGAC, xunto con intervencións site specific no exterior do edificio. As obras reunidas dan conta da súa extensa produción artística, que evidencia o potencial dialéctico do seu traballo, entre referencias a principios construtivistas e procesuais, cuestións formais minimalistas e o uso prominente do obxecto preexistente.

Que axentes interveñen nunha paisaxe e a transforman? Que é cales son os seus lindes? Na exposición "In Landscape Mode" (En modo paisaxe), Christian Villamide (Lugo, 1966) reflexiona acerca da distancia que as persoas adoitamos tomar fronte ao territorio que habitamos para poñer o foco sobre a forza e a violencia con que sometemos a natureza. Na procura dunha maior sensibilización que permita cambiar a nosa maneira de concibir a natureza e de achegarnos a ela, Villamide lévanos a cavilar sobre a nosa paisaxe e o noso territorio desde a introspección, repensándonos a partir da relación que establecemos coa nosa contorna máis inmediata.
Vestiges d'un ici, vestixios de si é un dispositivo aberto e complexo onde conflúen experiencias. iniciativas, instantes privilexiados, colaboracións e reflexións críticas acerca do acontecido no transcurso da exposición homónima de Loreto Martínez Troncoso (Vigo, 1978) no CGAC.
A través da palabra e a imaxe, propícianse momentos íntimos, instantes poéticos que permiten expresar todo aquilo que non pode ser dito, furgar nos recunchos, nas entrañas, nos vestixios dun aquí...
Novo número dos Cadernos Ramón Piñeiro onde se recollen máis de corenta achegas de diversos autores con motivo do centenario da publicación do primeiro número da revista “Nós”.
O informe "Xestión, reciclaxe, formación e acción cultural na era da dixitalización" é o resultado dunha encarga que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, a través da Secretaría Xeral de Cultura, realiza a un equipo interuniversitario do Sistema Universitario Galego (UDC, USC, UVIGO) para realizar, en primeiro lugar, unha análise das realidades dos sectores cultural e creativo, tomando como referencia os perfís formativos (socioprofesionais e laborais) dos responsables técnicos e dos xestores e dinamizadores da acción pública cultural en Galicia.
Os resultados desta investigación aplicada propoñen liñas de actuación que buscan facilitar a toma de decisións nas administracións públicas para concretar e optimizar as oportunidades formativas, profesionais e laborais reais que achega o sector.
A investigación constata a progresiva incorporación das mulleres ao sector e recoñece este colectivo como experimentado e cada vez máis preparado, e identifica a necesidade de ampliar a formación xurídica e tecnolóxica para incentivar a estabilidade deste tipo de xestores no cadro de persoal das administracións locais.
Este traballo ten por principal obxectivo afondar no coñecemento do senfogarismo feminino en Galicia, poñendo o foco nas mulleres. Preténdese, así mesmo, coñecer como se están a atender as súas necesidades. A mellora no coñecemento das mulleres que son atendidas polos servizos sociais, do seu perfil sociodemográfico e sociolaboral, así como dos servizos dos centros de que son usuarias e das necesidades detectadas ten por obxectivo último que as mulleres en situación de senfogarismo poidan saír da situación de exclusión social en que se atopan en Galicia.