Catálogo

Amosando 733 - 744 de 2809
Entidade
Galicia, Xunta. Consellería de Política Social, Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica
Lingua/s
Galego

A Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro (LORPM) pon o acento nas funcións rehabilitadoras e reeducadoras e establece un catálogo de medidas de natureza sancionadora-educativa que, baseado no superior interese da persoa menor, perseguen a integración e a reinserción social dos menores que delinquen. Esta memoria recolle os datos estatísticos de execución relativos ao ano 2020 e preséntase dividida en catro bloques: medidas notificadas, medidas en execución, medidas pendentes de execución e datos sobre as persoas menores que estiveron executando medidas.

Autor/a
Von Hafe Pérez
Miguel
Autor/a
Martínez
Rosa
Autor/a
Rivas
Manuel
Lingua/s
Inglés
Castelán
Galego

A exposición de Cristina García Rodero "Transtempo", organizada polo Xacobeo en colaboración co Centro Galego de Arte Contemporánea, presenta unha serie de obras realizadas pola fotógrafa desde os anos setenta até a actualidade. Esta obra, coeditada pola Xunta de Galicia e a editorial La Fábrica, reúne unha selección das pezas máis destacadas que constitúen esa mostra con textos de Miguel von Hafe Pérez, Rosa Martínez e Manuel Rivas.

Temáticas
Autor/a
Blanco Lobeiras
Mª Sinda
Autor/a
Rey Liste
Mª Teresa
Autor/a
Pérez Marcos
Mª Belén
Lingua/s
Galego

O libro recolle as bases metodolóxicas para a elaboración de plans locais de saúde. Pretende ser unha ferramenta de apoio para os equipos de atención primaria que queiran orientar a súa actividade cara a un enfoque comunitario.

Autor/a
Álvarez Larrán
María
Autor/a
Fariñas Lorenzo
Begoña
Autor/a
González Formoso
Clara
Autor/a
[et. al.].
Lingua/s
Castelán

Este procedemento intégrase no programa Femora que recopila procedementos estandarizados, con evidencia científica, para os profesionais do Sergas.
Ten como finalidade describir as actividades encamiñadas a proporcionar fármacos ao paciente por vía intramuscular.

Autor/a
Álvarez Larrán
María
Autor/a
Fariñas Lorenzo
Begoña
Autor/a
González Formoso
Clara
Autor/a
[et. al.].
Lingua/s
Galego

Este procedemento intégrase no programa Femora que recopila procedementos estandarizados, con evidencia científica, para os profesionais do Sergas.
Ten como finalidade describir as actividades encamiñadas a proporcionar fármacos ao paciente por vía intramuscular.

Co obxectivo de reducir as desigualdades que existen entre as comunidades autónomas sobre as enfermidades que se criban ao nacer e de garantir un acceso equitativo universal de todos os nenos que acaban de nacer, considérase prioritario revisar e actualizar o Programa de cribado neonatal do Sistema Nacional de Saúde.
Neste informe avalíase a efectividade clínica do cribado neonatal da hiperplasia suprarrenal conxénita e o seu grao de cumprimento cos requisitos imprescindibles para ser incluído no programa a nivel nacional.