Catálogo

Amosando 2569 - 2580 de 2833

Neste documento recóllese un conxunto de datos relativos aos accidentes de traballo rexistrado en Galicia no ano 2011. Trátase dun avance no que se amosan datos de especial interese e que teñen carácter previo á publicación do anuario de sinistralidade laboral, en tanto non se estabilizan os datos, e se elabora a publicación tras o tratamento estatístico dos partes de accidentes laborais e das enfermidades profesionais, notificados á autoridade laboral de Galicia e tramitados e procesados polo ISSGA, como órgano técnico en prevención de riscos laborais.

Historia de tres persoas que decidiron asumir o reto de emprender, de poñer en marcha as súas ideas, conscientes de que a única idea boa é a que se converte en acción. O libro explica o proceso de creación e posta en marcha dun proxecto de autoemprego colectivo en réxime de cooperativa, como fórmula de emprendemento solidario fronte aos que deciden emprender en solitario.

Esta publicación proporciona un coñecemento do sector da dependencia no mercado laboral na comunidade autónoma galega. Aportando datos de afiliación, paro rexistrado e contratación por sectores de actividades e ocupacións.

Esta publicación proporciónanos un coñecemento sobre o mercado laboral no sector da dependencia na Comunidade Autónoma galega. Danse datos de afiliación, paro rexistrado e comtratación por sectores de actividades e ocupacións