Catálogo da exposición realizada no Museo de Belas Artes da Coruña, integrada por fondos da extraordinaria colección da entidade bancaria.
Catálogo da exposición realizada no Museo de Belas Artes da Coruña, integrada por fondos da extraordinaria colección da entidade bancaria.
Reportaxe fotográfica dos rituais que se desenvolven en Plaine du Nord (Haití) en honor do Apóstolo Santiago, cunha peregrinación que ten como escenario a charca embulleirada na que reside o espírito de Santiago, e na que se fan uns rituais no seu honor nos que se utilizan fórmulas procedente do vudú.
Publicación que recolle o resultado do traballo de investigación realizado polos autores sobre a colección numismática que forma parte dos fondos que custodia o Museo das Peregrinacións e de Santiago. O estudo contempla a catalogación minuciosa de cada peza numismática e a súa contextualización histórica e arqueolóxica.
Publicación que recolle as estatísticas sociolaborais competencia da Secretaría Xeral de Emprego (Subdirección Xeral de Relacións Laborais) e que forma parte do Plan galego de estatística, correspondente ao exercicio 2016.
Selección das disposicións normativas máis salientables no eido das políticas sociais elaboradas por esta consellería e publicadas ao longo dun ano no Diario Oficial de Galicia (DOG). Clasificadas en cinco grandes epígrafes, danse os seguintes datos de cada rexistro: título da disposición, núm. de DOG e data de publicación e acceso á norma en formato PDF e HTML.
Caracterización das variedades de chícharos que se rexistran e conservan en Galicia.
O catálogo da mostra Balnearia bibliográfica: un percorrido gráfico e bibliográfico das augas minerais en Galicia amosa unha pequena selección gráfica e bibliográfica deste mundo impreso que acompaña o fenómeno social das nosas augas e dos nosos balnearios case desde o seu nacemento. Este catálogo compleméntase con outros tres capítulos que serven de base narrativa e científica: unha breve historia das augas mineromedicinais en Galicia, un dicionario biobibliográfico dos hidrólogos de Galicia e unha completa bibliografía das augas mineromedicinais e balnearios de Galicia ata a actualidade.

Publicación monográfica sobre o centro de produción de ánforas de época romana localizado en Bueu. Inclúe un anexo sobre o proceso de restauración e reintegración dunha ánfora tipo San Martín de Bueu 1. Trátase dunha publicación ilustrada con fotografías, debuxos e mapas con carácter divulgativo.
Nesta guía preséntanse todos os establecementos de turismo rural de Galicia con fotografía de cada un deles, os seus datos e mais os servizos que ofrece. Aparecen distribuídos por provincias e, dentro de cada unha, por categorías. Saliéntanse os que teñen o Q de Calidade. Inclúese un mapa cos principais espazos naturais e unha listaxe coas asociacións de turismo rural.
Nesta guía preséntanse todos os establecementos hoteleiros, apartamentos turísticos e albergues turísticos de Galicia cos seus datos e os servizos que ofrecen. Aparecen distribuídos por provincias e dentro de cada unha por categorías. Destácanse os que teñen o Q de Calidade con tres fotografías de cada un.
Nesta guía preséntanse todos os cámpings de Galicia cos seus datos e os servizos que ofrecen. Aparecen distribuídos por provincias e dentro de cada unha por categorías. Destácanse os que teñen o Q de Calidade con tres fotografías de cada un.