Catálogo

Amosando 49 - 60 de 518

O Observatorio de Prospectiva do Mercado de Traballo analiza neste informe sobre a situación do traballo autónomo no mercado laboral galego, en forma de traballo monográfico, a figura do emprego por conta propia, modalidade de especial interese no mercado de traballo da nosa Comunidade.

A Guía das Ocupacións é unha guía en formato ficha das ocupacións que reflicten unha mellor perspectiva de emprego en Galicia, co fin de servir como referencia a persoas e profesionais do emprego que buscan unha orientación e/ou reorientación profesional dos seus itinerarios profesionais.

0,00 €

Esta publicación que lanzamos no marco do Programa de deseño para a innovación 2020 desenvolverase a través dun conxunto de entrevistas para pensar sobre o noso futuro na era pos-COVID, con algúns e algunhas dos/as mellores profesionais galegos/as do deseño a nivel galego, nacional e internacional.

Guía para empresas, axentes sociais e operadores xurídicos eminentemente práctica, enfocada a clarexar as dúbidas que poidan aparecer durante as distintas fases de negociación, deseño e aplicación dun plan de igualdade. Ao longo deste documento profúndase tanto na normativa aplicable a cadas fase do proceso coma na xurisprudencia e na doutrina máis relevante, dando resposta a preguntas frecuentes e a supostos prácticos reais.

Monografía dedicada á estatística descritiva da sinistralidade laboral en Galicia correspondente ao ano 2019, de acordo co tratamento estatístico dos partes de accidentes laborais e das enfermidades profesionais, notificados á autoridade laboral de Galicia e tramitados e procesados polo Issga, como órgano técnico en prevención de riscos laborais.