Catálogo

Amosando 1009 - 1020 de 2038
Autor/a
Maceira Rozas
María del Carmen
Autor/a
Cantero Muñoz
Paula
Lingua/s
Castelán

As inxeccións intravítreas son procedementos minimamente invasivos para a administración de fármacos no ollo. Constitúe un importante chanzo terapéutico para o control de moitas patoloxías oftalmológicas como a dexeneración macular asociada á idade ou o edema macular diabético, entre outras.

24,00 €

Obra na que as letradas e os letrados da Xunta de Galicia revisan a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, tal e como xa fixeran na publicación "Lei 30/92 comentada por letrados da Xunta de Galicia". Este colectivo profesional achega o seu rigor científico, especialización e visión práctica das cuestións que deben solucionar os operadores xurídicos galegos, destinatarios últimos deste libro. Cada artigo da devandita lei conta con comentarios que ademais fan referencias a outras normas (como a Lei 40/2015, de réxime xurídico do sector público) e á xurisprudencia de interese (con especial referencia á do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia), e ofrece debates e solucións para a práctica diaria.

Boletín informativo de periodicidade bimestral elaborado pola Sección de Publicacións e Estatísticas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social. Estrutúrase en varias seccións: Actualidade, Estatísticas, Alertas e Normativa, e ten como principal obxectivo informar verbo das actuacións máis salientables da Consellería no seu ámbito competencial e a información e formación das persoas usuarias.

Autor/a
Rey Liste
María Teresa
Autor/a
García Caeiro
Ángela L.
Autor/a
Ventosa Rial
Javier
Lingua/s
Galego

Publicación baseada na actividade do servizo de información sobre teratóxenos do Servizo Galego de Saúde, na que se recollen breves fichas con información sobre o risco da utilización dos diferentes medicamentos na muller embarazada.

Entidade
Galicia. Xunta. Consellería de Política Social, Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade
Lingua/s
Galego

A Estratexia galega sobre discapacidade 2015-2020 é o instrumento de planificación que o Goberno da Xunta de Galicia pon ao servizo da comunidade para seguir avanzando na igualdade de oportunidades e na aceptación das diferenzas para un grupo de poboación heteroxéneo con necesidades e demandas diversas. Susténtase nunha metodoloxía de elaboración participativa, na que interviñeron tanto o movemento asociativo do ámbito da discapacidade coma os departamentos da Administración autonómica e colexios profesionais. Ten por obxecto impulsar accións que contribúan a que as persoas con algún tipo de discapacidade poidan gozar dunha vida autónoma e independente e teñan poder de decisión sobre a súa propia vida. Así mesmo, refórzanse aspectos que contribúen a unha verdadeira participación activa na comunidade, sen esquecer a importancia da accesibilidade para facelo factible. Estrutúrase en:
• 6 liñas estratéxicas. Correspóndense coas grandes áreas de intervención que se pretenden abordar.
• Obxectivo estratéxico. Asociado a cada liña estratéxica, representa a meta ou obxectivo xeral pretendido.
• Obxectivos operativos. Representan as metas concretas que contribúen á consecución do obxectivo estratéxico e que, polo tanto, deben posibilitar a súa realización a través dun conxunto integrado de actuacións.
• Actuacións. Son propostas concretas para a acción, as medidas a través das que se pretende materializar cada un dos obxectivos operativos da Estratexia.

Entidade
[Adaptación] Fademga Plena Inclusión Galicia
Lingua/s
Galego

A adaptación da Estratexia galega sobre discapacidade está dirixida a persoas con discapacidade intelectual e ten como obxectivo principal facer máis comprensible o texto a un determinado grupo de persoas usuarias. Debido a iso, a linguaxe, a tipografía, os cadros aclaratorios, a maquetación, etc. validáronos persoas usuarias dunha asociación de discapacitados de Santiago de Compostela, nun intento de facilitar e mellorar a vida destas persoas e a das súas familias.

Autor/a
ABACO IGVS
Lingua/s
Castelán

Guía electrónica en liña dirixida ás persoas con cualificación técnica de proxectistas, na que se establecen as estratexias pasivas ligadas ás variables climáticas específicas da zona onde se localice o edificio, para que se adopten no deseño, co fin de reducir as necesidades de demanda e consumo enerxético e mellorar os requisitos esixibles ata o nivel desexado. Pódese acadar o estándar de edificio case nulo (nZEB), e introduce criterios de sostibilidade no desenvolvemento dos proxectos.
A guía, malia poderse aplicar a calquera tipo de edificación de nova construción, está pensada fundamentalmente para edificios de vivendas.