Estudo sobre o desenvolvemento administrativo e institucional de Galicia entre os séculos IX e XIX. Este traballo resultou premiado na XXIII edición do Premio Manuel Colmeiro organizado pola Escola Galega de Administración Pública.
Estudo sobre o desenvolvemento administrativo e institucional de Galicia entre os séculos IX e XIX. Este traballo resultou premiado na XXIII edición do Premio Manuel Colmeiro organizado pola Escola Galega de Administración Pública.
Colocci encargou realizar dúas copias dun “Libro di portughesi”, do que levou a cabo unha revisión e estudo e deixou sobre eles anotacións de tipos moi diversos. Este volume presenta a transcrición paleográfica e unha proposta de edición de todas esas notas e tamén un estudo de conxunto que intenta agrupalas establecendo unha tipoloxía que responda aos intereses que o moveron a escribilas.
Documento de análise do Programa galego de detección precoz do cancro colorrectal, descrición do circuíto organizativo do programa e principais resultados do período 2013-2020.
Tríptico divulgativo con referentes de boas prácticas e modelos silvícolas ou de xestión forestal.
Tríptico divulgativo con referentes de boas prácticas e modelos silvícolas ou de xestión forestal.
Actualización dos datos 2022 do rendemento e calidade das variedades comerciais do millo forraxeiro máis empregadas en Galicia (período 2000-2021).
Esta síntese en castelán baséase nas primeiras 113 páxinas da primeira revisión do Plan forestal de Galicia 2021-2040. Cara á neutralidade carbónica.
Esta síntese baséase nas primeiras 113 páxinas da primeira revisión do Plan forestal de Galicia 2021-2040, Cara á neutralidade carbónica.
Versión en castelán da 1ª Revisión do Plan Forestal de Galicia, que ten como finalidade actualizar o instrumento básico de planificación forestal estratéxica para o deseño da política forestal galega.
A finalidade da 1ª Revisión do Plan Forestal de Galicia é actualizar o instrumento básico de planificación forestal estratéxica para o deseño da política forestal galega.
Proposta didáctica para o programa “Vexo Veo Xacobeo”, dirixida ao alumnado de 2º ciclo de Educación Infantil e Primeiro Ciclo de Educación Primaria. Conxunto de actividades que amosan a riqueza do patrimonio cultural, material e inmaterial, patrimonio natural e valores que definen o Camiño de Santiago.
Informe elaborado polo Observatorio Galego de Dinamización Demográfica, coordinado por María Xosé Rodríguez Galdo e aprobado polo Pleno do Observatorio en xullo de 2018. O informe, estruturado en dúas partes, analiza polo miúdo os procesos do cambio demográfico en Galicia, polo que adquire especial relevancia a inclusión de todos aqueles aspectos relacionados coa súa modernización social e demográfica (roles de xénero, estruturas familiares, seguridade ante a morte, aumento do capital humano, produtividade do traballo, relacións interxeracionais etc.). Esta primeira parte remata con anexos con informes, estatísticas e referencias que completan e amplían a información.
Na segunda parte, e baseándose na metodoloxía DAFO-CAME, analízanse e detéctanse as debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades que, en materia demográfica, afectan a Galicia.