Catálogo

Amosando 1429 - 1440 de 2040
0,00 €
Autor/a
Álvarez Herrera
Cristino
Lingua/s
Inglés
Castelán
Galego

O Camiño Francés, o máis transitado, é hoxe unha ruta enoturística de primeira clase, unha das máis interesantes do mundo. O peregrino, desde que cruza os Pireneos, viaxa a través de bisbarras nas que se elaboran viños de altísima calidade. Cristino Álvarez fai un percorrido polas variedades e mais polas zonas vitivinícolas que marcan esta ruta milenaria.

O informe describe o Programa galego para a detección precoz de enfermidades endócrinas e metabólicas en período neonatal: obxectivos, características do programa, estrutura organizativa e sistemas de información e indicadores, así como os seus resultados no período 1995-2014.

A base da publicación é a tese de doutoramento de Alfredo Erias “Iconografía de las tres iglesias góticas de Betanzos: San Francisco, Santa María do Azougue y Santiago". O estudo polo miúdo das imaxes que acubillan estas tres igrexas amosa o mellor que nos pode ofrecer o gótico galego desde un punto de vista iconográfico: unha manifestación palpable do pacto tácito entre os cabaleiros trastamaristas triunfantes e a Orde franciscana, que tamén triunfa nas vilas de Galicia.

15,00 €
Autor/a
Mouriño Cuba
José
Lingua/s
Galego

Publicación na que se explica o proxecto de recuperación do queixo de San Simón: como se pasou dunha elaboración manual á aplicación das novas tecnoloxías, como dunha actividade inviable economicamente pasou a ser rendible etc. En definitiva, como se conseguiu que esta ”xoia gastronómica”, que estivo a piques de desaparecer, se recuperase en moi pouco tempo.