Texto do Plan de Maiores aprobado polo Consello da Xunta de Galicia.
Texto do Plan de Maiores aprobado polo Consello da Xunta de Galicia.
Publicación periódica mensual na que se recollen novas sobre as actuacións máis salientables da Xunta de Galicia nos eidos laboral e do benestar. Acompaña á publicación unha recompilación normativa de lexislación relacionada con estes ámbitos de carácter autonómico (DOG e diarios das restantes comunidades autónomas), estatal (BOE) e comunitario (DOUE). Tamén se dá unha relación das publicacións editadas en rede cos seus enlaces para a súa descarga.
Recompilación dos contos premiados e con accésit do Premio Ourense de Contos para a Mocidade 2010.
Guía básica do Issga dedicada á especialidade de ergonomía no traballo
O obxectivo que se perseguiu coa elaboración desta guía é a concienciación sobre a importancia dos equipos de protección individual como última barreira entre o/a traballador/a e o risco, presentando un documento sinxelo e de fácil aplicación onde se recollen os aspectos esenciais nos que se debe fundamentar a elección e utilización destes equipos. Así, proporciónanse unha serie de recomendacións que intentan facilitar a elección destes equipos para a súa adecuación ao/á traballador/a nas condicións en que este/esta realiza as súas tarefas.
Memoria que con carácter anual edita a Consellería de Traballo e Benestar coas actuacións máis salientables da consellería no ano 2009. A publicación estrutúrase en tantos capítulos como ámbitos de actuación abarca a excepción do primeiro capítulo no que se analizan temas de carácter máis transversal como recursos humanos e económicos, igualdade laboral, publicacións, etc.
Publicación periódica mensual na que se recollen novas sobre as actuacións máis salientables da Xunta de Galicia nos eidos laboral e do benestar. Acompaña á publicación unha recompilación normativa de lexislación relacionada con estes ámbitos de carácter autonómico (DOG e diarios das restantes comunidades autónomas), estatal (BOE) e comunitario (DOUE). Tamén se dá unha relación das publicacións editadas en rede cos seus enlaces para a súa descarga.
Directorio de centros de traballo rexistrados por tipo de actuación e traballadores ocupados por sexo, segundo a actividade económica en Galicia durante o ano 2009. Estrutúrase a través de táboas, gráficos, listaxes e fichas.
Con esta publicación, preténdese achegar á sociedade o papel dos viveiros de empresas de Galicia como axentes de promoción económica e de creación do emprego. Efectivamente, a través da realización deste traballo, resáltase a importancia dos viveiros de empresa no ámbito da creación e consolidación de empresas, pois estamos ante un instrumento de apoio aos xoves empresarios.
Catálogo no que se recolle unha ampla selección de obras de fotógrafos que participan en diferentes exposicións.
O estudo do mercado laboral de Galicia elaborado polo Observatorio das Ocupacións, servizo do Instituto Galego das Cualificacións, pretende servir de instrumento eficaz dirixido ao servizo público de emprego e ás institucións e profesionais que desenvolven as súas actividades no ámbito laboral da orientación e a formación profesional, co fin de que teñan un coñecemento pormenorizado sobre a estrutura do mercado laboral da Comunidade Autónoma, proporcionando para este obxectivo información detallada das principais variables que determinan e condicionan o funcionamento do mercado galego.