Memoria da Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria (FEGAS) que recolle as estatísticas, así coma as diferentes actividades e colaboracións desenvolvidas pola escola, no período correspondente ao ano 2010

A avaliación constitúe unha ferramenta esencial para a promoción de intervencións preventivas baseadas en evidencias. No ámbito de prevención, a avaliación permite comprobar a efectividade dosprogramas nos grupos destinatarios e o grao de cumprimento dos obxectivos propostos, en suma, a avaliación permite coñecer os resultados obtidos coa aplicación dos programas para melloralos, ou cesar su aplicación. Por iso, o obxectivo básico do presente documento é facilitar ó máximo a avaliación do conxunto de programas, por iso seleccionáronse neste manual unha serie de instrumentos de referencia cos cales cubrirase o proceso de recollida da información necesaria para completar a avaliación do proceso e os resultados, adaptados á metodoloxía, obxectivos e contidos de cada programa. A selección dos instrumentos de avaliación que se incorporan a cada un dos programas preventivos estivo determinada por dous criterios, a sencillez e validez dos instrumentos procurando o uso de ferramentas estandarizadas, e a súa completitude dos ámbitos de análise. Existen dispoñibles instrumentos de avaliación (escalas, cuestionarios, etc) cos que están xa familiarizados os técnicos de prevención, ou que son de uso xeral entre os profesionais do sector, polo que optouse pola súa inclusión neste manual, declinando o uso de instrumentos más complexos, específicos ou con maior potencia descritiva

A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 edita a súa memoria de actividade do ano 2010, na que se inclúen os seguintes apartados, limiar, identificación do centro, contorno, estrutura e organización, recursos globais, actividade global, centro de formación en medicina de urxencias, emerxencias e catástrofes de Galicia, área de calidade, gabinete de prensa, sericio de tecnoloxía e sistemas de información e servizo de atención ao ¡usuario
Boletín no que se presenta o medicamento PRASUGREL, novo axente antiplaquetario indicado xunto co ácido acetilsalicílico na prevención de eventos aterotrombóticos en pacientes con síndrome coronario agudo, sometidos a intervención coronaria percutánea e centrándose na análise de eficacia e seguridade
O documento recolle a análixe da situación actual da organización, realizado nos meses de novembro e decembro de 2010, así como os novos retos, liñas estratéxicas, boas prácticas e obxectivos estratéxicos identificados, que deben permitir o aliñamento da toma de decisións e da xestión da actividade desenvolvida, coa misión e visión definidas. No seu despregue, terán unha iimportancia crítica os 25 proxectos ou de mellora da xestión que foron seleccionados, coa súa orde de prioridade, que representan unha equilibrada carga de traballo para o conxunto dos equipos de traballo da Dirección Xeral. Recóllese ademais no seu Anexo 4, unha síntese dos obexctivos e actividades correspondentes aos principais programas de saúde pública. En posteriores anexos, recolleranse as avaliacións e revisións anuais das estratexias organizativas, durante os próximos anos.

Documento dirixido á muller embarazada, para ser ofertado polos profesionais que atenden á muller durante o embarazo e que permite a esta e á súa parella, manifestar por escrito os seus desexos, necesidades, preferencias e expectativas en relación ao seu parto e nacemento do seu bebé. Tamén facilita a relación de confianza e comunicación entre as usuarias e os provedores de coidados durante o embarazo e o parto, e á vez, promove e facilita a toma de decisións informadas por parte da muller embarazada. Por último, este documento responde á demanda tanto de profesionais como de usuarias e contribúe a cumprir as expectativas de cada muller, sentirse implicada, poder decidir e manter o control sobre o proceso do parto, factores que se relacionan coa satisfacción xeral da muller.
Con data 19 de febreiro de 2013, a Comisión Permanente de Publicacións da Xunta de Galicia aprobou esta guía na súa versión galega. Consideramos que debe estar asequible para os cidadáns tamén a versión en castelán na páxina Web da Consellería de Sanidade.
Nova edición dunha guía editada pola Comunidade Europea (xa publicada polo Servizo Galego de Saúde na súa anterior edición) que ten por obxectivo a adecuación da solicitude de probas diagnósticas ás necesidades clínico-asistenciais do paciente e disminuír así as doses de radiación que reciben estes.
O obxectivo do presente informe é avaliar o recambio valvular aórtico mediante prótesis sen sutura utilizando o dispositivo Perceval S. Este informe ten característica especiais na edición por que responde aos requisitos da edición do Plan de Calidade para o SNS 2010, aprobado en Consello Coordinador de Publicacións da Xunta de Galicia, con data de 29 de xuño de 2010.
O obxectivo do presente informe é avaliar o recambio valvular aórtico mediante prótesis sin sutura utilizando o dispositivo modelo ATS 3f Enable TM. Este informe ten características especiais na edición por que responde aos requisitos da edición do Plan de Calidade para o SNS 2010. Aprobado en Consello Coordinador de Publicacións da Xunta de Galicia, con data de 29 de xuño de 2010.