Catálogo

Amosando 829 - 840 de 977

O obxectivo desta guía e mellorar a atención sanitaria prestada ós pacientes con conduta suicida, ofrecendo recomendacións para os profesionais sobre a súa avaliación e tratamento, e aportando información especialmente elaborada para os pacientes, familiares e achegados implicados.

Actualización e revisión dos aspectos fundamentareis lacionados coa conservación de vacinas e o seu manexo, derivados dos cambios realizados nos últimos anos no sistema de distribución de vacinas na nosa comunidade. Vai dirixida a todos os profesionais que manexan este tipo de produtos inmunobiolóxicos e abrangue temas como a recepción e almacenamiento das vacinas, a xestión das interrupcións da cadea de frío, o rexistro das temperaturas das neveiras dos puntos de vacinación ou o manexo dos residuos vacinais

O obxectivo deste informe é avaliar a eficacia diagnóstica da técnica PET/TAC con radiotrazadores análogos da colina no diagnóstico inicial do cancro de próstata, así como na súa estadificación y detección de metástasis. Para iso realizouse unha revisión sistemática da literatura científica dos que coarenta e oito estudoscumpriron os criterios de inclusión. Os resultados desaconsellan a obtención de imaxes con PET ou PET/TAC no diagnóstico inicial do cancro de próstata ou na estadificación ganglionar, aínda que sí parece de utilidade na reestadificación de pacientes con sospeita de recidiva tras un tratamento radical previo e na deteción precoz de metástasis óseas

O obxectivo da Comisión Galega de Bioética é velar pola protección, no ámbito sanitario, dos dereitos fundamentais. O final da vida pon en evidencia que a medicina ten límites e que hai procesos non susceptibles de curación que requiren ser atendidos, procesos aos que a sociedade e o sistemasanitario deben prestar especial atención para ofrecer ás persoas unha asistencia integral centrada en acadar a maior calidade de vida posible. Esta comisión, na súa preocupación consciente polos dilemas éticos que suscitan os coidados nesta etapa, impulsou un proceso de reflexión cuxo resultado é o presente documento e, cuxo obxectivo é servirlles de marco de referencia e orientación aos profesionais sobre os conflictos éticos e contribuir a mellorar o desenvolvemento dos dereitos fundamentais.

O obxectivo desta guía é mellorar a atención sanitaria prestada ós pacientes con conducta suicida, ofrecendo recomendacións para os profesionais sobre a súa avaliación e tratamento, e aportando información específicamente elaborada para os doentes, familiares e achegados implicados. Este informe ten características especiais na edición porque responde ós requisitos para o convenio do Plan de Calidade para o SNS de 2010. Esta excepción foi aprobada no Consello Coordinador de Publicacións da Xunta de Galicia con data 29 de xuño de 2010.

Lingua/s
Castelán

Informe que se elaboru como resposta ante a necesidade, na nosa comunidade, de tomar decisións e adoptar medidas de contención sobre o gasto farmacéutico e co fin de orientar con equidade a xestión dos recursos sanitarios, Polo miúdo sinálanse as cuestións éticas consideradas que permitiron establecer conclusións e elaborar recomendacións.

20,00 €
Autor/a
Centro Galego de Arte Contemporánea (Santiago de Compostela)
Lingua/s
Inglés
Castelán

Son moitos os artistas contemporáneos -desde Marcel Duchamp ou Man Ray a Andy Warhol- que se revelan debedores das actitudes iconoclastas dos dandis, en tanto que personaxes incómodos e críticos co establishment da arte do seu tempo. A pegada que o dandismo, nas súas múltiples facetas, deixou na arte contemporánea é obxecto de análise desta publicación, concibida polos membros do equipo de curadores formado por Rocío Gracia Ipiña, Sergio Rubira e Marta de la Torriente, como complemento da mostra colectiva Sur le dandysme aujourd'hui. Máis que un catálogo de exposición, este libro é unha monografía que recolle as contribucións de reputados especialistas do campo da historia da arte, a literatura e os estudos culturais sobre a figura do dandi en ámbitos como a moda, a cultura popular, a música pop ou punk ou as artes visuais.

Temáticas
3,00 €
Autor/a
Domus do mitreo
Lingua/s
Castelán

Trátase dun folleto divulgativo dos contidos da visita á "Domus do mitreo" en Lugo, cuxa musealización realizouse no contexto da aparición dos restos dunha domus romana e un mitreo cando se facían as obras de rehabilitación do Edificio Pazo dos Montenegro para sede do Vicerreitorado da Universidade de Santiago no Campus de Lugo. O folleto achega ao visitante ao contexto cultural dos restos e fai unha pequena referencia ao uso das distintas estancias.

10,00 €
Autor/a
Pita García
Marina
Coautor/a
Barro Quiroga
Gabriel
Coautor/a
Rasilla Cascudo
Alfonso
Lingua/s
Castelán

Os arquivos dependentes da Xunta de Galicia reúnen un patrimonio documental moi extenso, tanto polo seu volume como polo abano temporal que comprenden, que vai desde a Alta Idade Media (século IX) ata o século XXI. O seu interese é evidente tanto desde un punto de vista informativo ou cultural como administrativo. Os arquivos son recursos de coñecemento de gran valor pero practicamente descoñecidos para a maior parte da poboación. Trátase de contribuír á difusión tanto da existencia de centros administrativos ou culturais, como a natureza, orixe e a composición dos fondos documentais que os integran, así como a función social que desenvolven. A través do seu coñecemento, o lector accederá a unha realidade case descoñecida para a maior parte da cidadanía. A guía será unha porta de entrada ao coñecemento da realidade do patrimonio documental de Galicia.

12,00 €

O Parque Arqueolóxico da cultura castrexa é unha infraestrutura desenvolvida dentro da Rede Galega de Patrimonio Arqueolóxico, destinada á investigación e difusión do castro de San Cibrao de Las e da cultura castrexa en Galicia. A infraestructura consta dunha zona exterior, na que se atopa o castro, preparado para a visita, e un centro de interpretación onde, mendiante unha montaxe expositiva, explícanse as claves para o coñecemento e comprensión da cultura castrexa e da evolución do castro e das persoas que o crearon e viviron alí. Esta publicación é unha guía de visita para completar a oferta divulgativa do Parque Arqueolóxico e afondar máis no que pode verse na exposición.

Fronda é unha publicación en forma de folla voandeira coa que o Arquivo Histórico Provincial de Ourense (AHPOu) achega a un público amplo o contido dos seus fondos documentais e o contexto histórico no que estos foron producidos. Neste número (37), a partir do proxecto de axardinamento do campo do Posío, faise un breve percorrido pola historia dos concellos na época contemporánea e das súas competencias como xeradores de documentación de arquivo.