Catálogo

Amosando 733 - 744 de 971

A cirugía bariátrica en pacientes con DM tipo II non obesos parece conseguir un mellor control glicémico. Sen embargo, outro tipo de intervencións preventivas e terapéuticas seguen sendo de primeira elección debido a que existe un intenso debate sobre os criterios de inclusión para esta cirugía e a baixa calidade metodolóxica dos estudos.

O obxectivo deste informe é a elaboración de guías de uso de recursos de información útiles na práctica clínica e na investigación biomédica. Como produto deste informe elabóranse dúas guías, Guía de uso de National Guideline Clearinghouse, e Guía de uso de Clinicaltrials.gov. Publicadas como separatas na edición elctrónica.

O obxectivo da revisión sistemática foi determinar a utilidade da determinación in vitro da PCT no diagnóstico etiolóxico das infeccións do tracto respiratorio inferior. Segundo a literatura revisada a PCT parece ser un marcador útil no diagnóstico das infeccións bacterianas.

O informe describe o Programa galego de detección precoz do cancro de mama, obxectivo xeral, obxectivos específicos, poboación obxectivo, proba de cribado, sistema de información, estrutura asistencial, programa de garantía de calidade e os principais resultados e indicadores do período 1992-2010.

Avaliación da eficiencia da implantación dun programa de vacinación frente ao neumococo, en poboación pediátrica mediante a realización dunha revisión sistemática de evaluacións económicas nas que comparen os costes e beneficios dun programa de vacinación frente a non vacinación.

A Guía do peregrino para situacións de emerxencia sanitaria, editada en galego e castelán, inclúe consellos para realizar o Camiño de Santiago, unha guía de primeiros auxilios, mapas que sinalan os puntos de asistencia sanitaria no Camiño Francés e indicacións sobre como porse en contacto co 061 no caso de necesitar asistencia sanitaria.

A memoria da Oficina de Coordinación de Transplantes correspondente ao ano 2008 recolle a actividade da oficina e dos hospitais galegos referida á doazón e transplante tanto de órganos como de tecidos. Tamén recollemos os datos do programa de garantía de calidade na doazón e transplante e detállanse os centros autorizados para extracción e o implante de órganos e tecidos e os establecementos de tecidos.En canto á oficina descríbense as actividades desenvolvidas póla mesma así como os obxectivos para o vindeiro ano.

O obxecto do documento foi avaliar a través dunha revisión sistemática a efectividade do ReWalkTM na recuperación da marcha e bipedestación, reducción de complicacións asociadas á inmovilidade e mellora da calidade de vida en persoas con paraplexia. Este informe ten unhas características especiais na edición porque responde aos requisitos da edición do Plan de Calidade para o SNS 2010, aprobado en Consello Coordinador de Publicacións da Xunta de Galicia, con data de 29 de xuño de 2010.

O obxectivo do informe é avaliar a seguridade e eficacia dos stent biorreabsorbibles (bioabsorbable vascular scalffold, BVS) no tratamento de lesións coronarias de novo. Este informe ten unhas características especiais na edición por que responde aos requisitos de edición do Plan de Calidade para o Sistema Nacional de Salud de 2010 no Consello Coordinador de Publicacións da Xunta de Galicia, con data 29 de xuño de 2010.