Catálogo

Amosando 181 - 192 de 397

Libro de preguntas e respostas arredor da doazón e os transplantes para informar a poboación e resolver as dúbidas máis frecuentes que se poden presentar sobre a doazón e o transplante de órganos e tecidos. Envíase un exemplar a cada persoa que solicita o carné de doador de órganos e tamén se distribúe nas mesas informativas e nas charlas que se imparten nos institutos aos alumnos de secundaria e ciclos formativos.


 

O boletín de actualizacións bibliográficas en urxencias prehospitalarias presenta as últimas novidades sobre a atención á urxencia e á emerxencia no ámbito extrahospitalario.

 

 

O Programa de vixilancia sanitaria das zonas de baño realízase na Comunidade Autónoma de Galicia dende o ano 1983. Este programa lévase a cabo por parte de todas as comunidades autónomas coordinado polo Ministerio de Sanidade e Consumo, dende o ano 1998. Na nosa Comunidade Autónoma a temporada de baño establécese, en función das condicións climatolóxicas, dende o 1 de xuño ao 30 de setembro, se ben a primeira recollida de mostras realízase na segunda quincena de maio. As mostraxes realízanse cunha frecuencia quincenal, de tal modo que ao final da temporada téñense, polo menos, 8 controis que son os necesarios para calcular a clasificación sanitaria das zonas de baño.

Publicación anual con información estatística sobre menores en situación de desprotección e sobre adopcións. Define as distintas figuras legais que protexen a situación de risco e desamparo: garda, tutela e acollemento, sexa familiar ou residencial. Tamén define e analiza o proceso legal das adopcións, na súa dobre vertente: nacional e internacional. Por último, describe os programas de apoio ás persoas menores e ás súas familias levadas a cabo polos servizos especializados de protección da infancia.

Entidade
Galicia, Xunta. Consellería de Política Social, Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Servizo de Apoio á Familia, á Infancia e á Adolescencia
Lingua/s
Castelán

Operación estatística extraída da información facilitada polas propias persoas interesadas sobre a concesión ou renovación dos títulos de familia numerosa entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro do ano en curso. Informa tamén sobre a normativa aplicable e os requisitos que se deben cumprir para o recoñecemento da condición de familia numerosa.

Autor/a
Gómez Suárez
Ana Fátima... [et al.]
Ilustrador/a
Díaz Martínez
Encarnación
Lingua/s
Castelán

A Fundación Ingada e a Consellería de Política Social presentan esta guía de asesoramento técnico e xurídico para aquelas familias nas cales algún dos seus membros están afectados polo TDAH. Nela atópanse explicacións que axudan a aliviar, entender, previr e soportar a vida cotiá destas familias de forma plena e feliz.

Publicación dirixida a técnicos sanitarios e persoal de ONG que traballan no campo do VIH-sida, que trata o tema das novas infeccións polo virus da inmunodeficiencia humana e outras infeccións de transmisión sexual. Infórmase sobre o importante cambio que se produce cando este problema sanitario se considera desde a perspectiva de infección e non de enfermidade. Desta forma coñecemos as características actuais da epidemia destas infeccións, tanto no que se refire ás persoas afectadas como ás prácticas de risco e á distribución temporoespacial.

Colaborador/a
Lorenzo Castiñeiras
Juan José
Entidade
Equipo de Integración Familiar de la Fundación Meniños
Director/a
Ballester Brage
Lluis
Director/a
Oliver Torelló
Juan José
Lingua/s
Castelán

O Programa de integración familiar, programa promovido pola Consellería de Política Social, atende familias residentes en Galicia nas que se integra, polo menos, una persoa menor de idade que, pola súa vez, é obxecto de atención por parte do Sistema de protección de menores da Xunta de Galicia por existir unha situación de vulnerabilidade e/ou desprotección. O Programa desenvólvese co obxecto de recuperar, consolidar e fortalecer as capacidades e habilidades de protección das familias para evitar a separación dos nenos do seu contorno familiar. Trátase de garantir o desenvolvemento integral da infancia e da adolescencia a través da cobertura das súas necesidades. Tamén se realiza un labor preventivo e de detección precoz das situacións problemáticas. Este estudo presenta unha revisión, validación e optimización do Programa desde un enfoque socioeducativo de mellora da competencia familiar.