Catálogo

Amosando 313 - 324 de 394

O curso de soporte vital avanzado en trauma. Manual del alumno, dividido en 14 temas e catro apéndices, entrégase aos alumnos que realicen o curso do mesmo nome que imparte o Centro de Formación e Medicina de Urxencias, Emerxencias e Catástrofes de Galicia.

Revisión sistemática da literatura co obxectivo de coñecer a eficacia e efectividade dos test IGRAs (Interferon-gamma release assays) no diagnóstico da infección e a enfermidade tuberculosa en comparación coa proba da tuberculina, así como coñecer o coste-efectividade desta técnica.

O obxectivo da revisión sistemática foi determinar a utilidade da determinación in vitro da PCT no diagnóstico etiolóxico das infeccións do tracto respiratorio inferior. Segundo a literatura revisada a PCT parece ser un marcador útil no diagnóstico das infeccións bacterianas.

A cirugía bariátrica en pacientes con DM tipo II non obesos parece conseguir un mellor control glicémico. Sen embargo, outro tipo de intervencións preventivas e terapéuticas seguen sendo de primeira elección debido a que existe un intenso debate sobre os criterios de inclusión para esta cirugía e a baixa calidade metodolóxica dos estudos.

10,00 €

Este informe ten como obxectivo unha revisión sistemática sobre a eficacia e seguridade das diferentes técnicas láser, en comparación coa resección transuretral, no tratamento da hiperplasia benigna da próstata. Así como elaborar unha proposta de indicadores da calidade para avaliar os resultados da súa implantación na práctica clínica.

O obxectivo deste informe é a elaboración de guías de uso de recursos de información útiles na práctica clínica e na investigación biomédica. Como produto deste informe elabóranse dúas guías, Guía de uso de National Guideline Clearinghouse, e Guía de uso de Clinicaltrials.gov. Publicadas como separatas na edición elctrónica.

Avaliación da eficiencia da implantación dun programa de vacinación frente ao neumococo, en poboación pediátrica mediante a realización dunha revisión sistemática de evaluacións económicas nas que comparen os costes e beneficios dun programa de vacinación frente a non vacinación.

A Guía do peregrino para situacións de emerxencia sanitaria, editada en galego e castelán, inclúe consellos para realizar o Camiño de Santiago, unha guía de primeiros auxilios, mapas que sinalan os puntos de asistencia sanitaria no Camiño Francés e indicacións sobre como porse en contacto co 061 no caso de necesitar asistencia sanitaria.