Obra amplamente documentada e ilustrada verbo dun dos temas esenciais da existencia humana, visto desde a perspectiva da cultura europea, nos inicios da súa configuración actual.
Obra amplamente documentada e ilustrada verbo dun dos temas esenciais da existencia humana, visto desde a perspectiva da cultura europea, nos inicios da súa configuración actual.
Descrición do mosteiro de San Clodio (Leiro), desde as súas orixes ata a actualidade, na que se comentan todas as transformacións das que foi obxecto. Nunha segunda parte faise referencia ás obras levadas a cabo para a súa conversión en hotel de 4 estrelas.
Obra publicada no ano 1995 pola Consellería de Cultura e reeditada no ano 1998. Introdúcenos nos itinerarios históricos das peregrinacións en Dinamarca, ao tempo que estuda as pegadas do Camiño e o culto a Santiago na arte e a literatura do país. As peregrinacións a Compostela desde os países escandinavos foron o fío condutor da investigación do seu autor, o profesor, filólogo e historiador Vicente Almazán, membro do Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago ata o seu falecemento, no ano 2006.
O catálogo da exposición organizada en 1992 polo Museo de Belas Artes da Coruña, comisariada por Beatriz Martínez-Barbeito Manovel, é o resultado dun proxecto de investigación e reivindicación desde o museo sobre a figura e a obra deste paisaxista galego do século XIX. Partindo da colección de acuarelas que custodia o museo, expóñense máis de cen pezas na súa maioría acuarelas, pero tamén óleos e litografías do pintor nos cales plasma paisaxes das súas viaxes pola xeografía española. O catálogo contén varios artigos que tratan sobre a vida e a obra do pintor, o paisaxismo en España no século XIX, a arte en Galicia durante o Romanticismo, e a restauración da colección de acuarelas do museo.
Catálogo da exposición colectiva dos principais artistas plásticos que teñen a cerámica como material básico do seu traballo e da súa expresión artística.
Tectónica é una prospección no universo creativo e poético de Manuel Vilariño, pero cunha perspectiva que nos permite aproximarnos á súa obra desde un ángulo ou unha visión inédita. Trátase, efectivamente, de posibilitar un traballo de corte tectónico, nun uso metafórico do termo; é dicir, indagar e evidenciar cales son as liñas de sostemento que fundamentan a súa reflexión estética e que explican, a modo dun impulso continuo e dun contrapunto, todas as realizacións plásticas e poéticas -a propia experiencia vital- deste creador tan singular. Tectónica abesoura nos lugares onde se gorece o silencio, o asombro orixinal do acto creativo; tamén o esplendor das imaxes, alí onde estas fulguran.
Teoría y práctica del desierto propón un percorrido polos procesos de traballo de Antoni Socías (Inca, Mallorca, 1955), vinculando, desde a fricción, fotografía e pintura, obxecto, instalación e vídeo. As súas obras revelan unha predilección polos paradoxos e tamén polo absurdo que sutilmente se converte nunha larvada crítica social e política desde as pequenas cousas; subliña a importancia das actitudes no día a día. Na súa obra, os procesos e as metodoloxías de traballo asumen unha importancia radical. Neste sentido, moitas das súas creacións teñen algo de performance e comparten unha dinámica de escenificación seriada na que, a partir do autorretrato, abórdase a crítica social desde os resortes dun absurdo rigoroso.
Catálogo de arte onde se recolle a traxectoria do pintor Antón Sobral. Inclúe unha serie de obras e textos biográficos.
Obra coeditada pola Consellería de Cultura, Educación e O. U. - Secretaría Xeral de Cultura e mais pola Universidade de Santiago de Compostela, centrada na figura dun dos nomes clave para comprendermos a presenza musical de Galicia na Arxentina, a través da comunidade galega asentada alá.
Guía ilustrada con textos e imaxes en cor sobre a exposición "O calendario agrícola".
Segunda entrega do cobizoso proxecto que lle ofrece ao público a obra completa de Juan Montes, un dos representantes de maior poder creativo da música culta galega. A empresa desenvólvese coa garantía dun musicólogo de tan gran compromiso co noso patrimonio como é o padre Calo, quen, á parte de preparar a edición, achega un magnífico estudo introdutorio, no que refire con todo detalle os avatares que conduciron á creación das partituras que este volume fornece.
Terceira entrega do cobizoso proxecto que vai ofrecer ao público a obra completa de Juan Montes, un dos representantes de maior poder creativo da música culta galega. A empresa desenvólvese coa garantía dun musicólogo de tan gran compromiso co noso patrimonio como é o padre Calo, quen, á parte de preparar a edición, achega un magnífico estudo introdutorio, no que refire con todo detalle os avatares que conduciron á creación das partituras que este volume fornece.