Documento electrónico en liña no que se recolle a situación do sector forestal en Galicia, consellos útiles e boas prácticas nos traballos de aproveitamentos forestais.
Documento electrónico en liña no que se recolle a situación do sector forestal en Galicia, consellos útiles e boas prácticas nos traballos de aproveitamentos forestais.
Cartilla concibida para rexistrar os datos sanitarios de interese e levar un control de vacinas que se van administrando ao longo do período de vixencia destas, así como outros datos que consideren relevantes as persoas profesionais sanitarias.
Boletín trimestral no que se recollen novidades e artigos de opinión en materia de responsabilidade social empresarial de Galicia.
Catálogo en galego/castelán/inglés onde se recolle a oferta de libros infantís e xuvenís producidos en Galicia durante o ano. Inclúe a descrición dos volumes, a reprodución en color das cubertas e a información editorial necesaria para identificar cada obra.
Guía técnica, publicada en liña, que recolle pautas de actuación na inspección de equipos eléctricos nas zonas clasificadas con risco de explosión.
Publicación electrónica en CD, que recolle o traballo centrado en identificar e analizar os criterios e procedementos empregados para a priorización de tecnoloxías sanitarias no nivel nacional/internacional, co fin de establecer criterios universais e enfoques prácticos que poidan servir de base para o desenvolvemento dun marco de priorización para o SNS.
Publicación electrónica en liña dirixida a todas as persoas profesionais do ámbito da nefroloxía. Descríbe a epidemioloxía da enfermidade renal terminal e os seus tratamentos, tanto a diálise coma o transplante na Comunidade Autónoma de Galicia. Así mesmo, recolle os datos correspondentes a 2013 e a evolución dos últimos anos.
Boletín electrónico en liña no que se recollen novidades e artigos de opinión en materia de responsabilidade social empresarial de Galicia.
Cartel verbo das recomendacións que se deben adoptar antes do manexo de grandes máquinas agropecuarias
Cartel informativo verbo da documentación e a sinalización que se deben empregar no manexo de grandes máquinas agropecuarias
Obra que recolle recomendacións útiles sobre o mantemento preventivo para o manexo de grandes máquinas agropecuarias.
Cartel para difundir os protocolos de primeiros auxilios que se deben activar para a prevención de riscos no manexo de grandes máquinas agropecuarias.