Folleto con información sobre a sensibilidade química múltiple no ámbito laboral (definición, causas, síntomas, papel da medicina do traballo, medidas preventivas e xestión).
Folleto con información sobre a sensibilidade química múltiple no ámbito laboral (definición, causas, síntomas, papel da medicina do traballo, medidas preventivas e xestión).
Cartel coas medidas preventivas dirixidas a evitar a exposición a substancias desencadeantes de sensibilidade química múltiple no ámbito laboral.
Dentro da acción conxunta EUnetCCC Galicia, a través do Servizo Galego de Saúde, está a iniciar o proceso de acreditación como Comprehensive Cancer Centre (CCC) ou Centro Integral de Coidado do Cancro. Dentro deste proceso de organización dos estándares de certificación deseñouse este documento que recolle todos os indicadores da dimensión de Coidados.
O trastorno obsesivo-compulsivo (TOC) é unha enfermidade neuropsiquiátrica que afecta gravemente a calidade de vida. En casos graves e refractarios a tratamentos farmacolóxicos explóranse opcións como a estimulación cerebral profunda (ECP). A través dunha revisión sistemática, realizada no marco dun proxecto de Living Evidence, identificáronse 12 ensaios clínicos aleatorizados cruzados (112 pacientes), que avaliaron o uso da ECP activa (ON) en comparanza coa ECP simulada (OFF). Os resultados amosaron reducións na gravidade do TOC (medida coa escala E-BOCS) na comparación ON vs OFF. Informouse dun total de 52 eventos adversos graves en 57 pacientes. A evidencia sobre outras variables, como a calidade de vida ou a función cognitiva, foi limitada.
A radioterapia Lattice é unha modalidade de radioterapia espacialmente fraccionada que administra doses heteroxéneas en tumores profundos, voluminosos, metastásicos ou irresecables, combinando áreas de alta e baixa dose. A evidencia dispoñible procede principalmente de series de casos e un estudo transversal, sen comparacións coa radioterapia convencional. Os resultados suxiren posibles reducións do volume tumoral, respostas parciais ou completas e alivio de síntomas, con eventos adversos maioritariamente leves. Con todo, debido ao deseño metodolóxico dos estudos, a certeza da evidencia é moi baixa. Ademais, a súa implementación clínica require formación específica, planificación complexa e protocolos estandarizados. Aínda que os datos preliminares son prometedores, a efectividade e seguridade a longo prazo son incertas.
Documento práctico que recolle as pautas para a valoración e o manexo da dor en pacientes pediátricos. Inclúe ferramentas de avaliación segundo a idade e recomendacións de tratamento farmacolóxico e non farmacolóxico.
Cartel dirixido ao persoal da medicina do traballo no cal se explica a necesidade de actualizar os coñecementos sobre a toxicidade dos nanomateriais para poder realizar unha vixilancia da saúde axeitada.
Cartel dirixido aos técnicos de PRL no cal se explica como identificar e avaliar o nivel de exposición aos nanomateriais.
Cartel que explica como promover a integración e realizar o seguimento da PRL nano na actividade da empresa.
Cartel que explica que son os nanomateriais e cales son os principais riscos e medidas preventivas que se deben adoptar.
Cartel dirixido aos traballadores no cal se informa da existencia de produtos con nanomateriais na construción e a necesidade de coñecer os riscos, formarse e protexerse.
Folleto que recolle o impacto que poden ter as novas aplicacións das tecnoloxías sobre as persoas traballadoras.