Catálogo

Amosando 109 - 120 de 227
70,00 €
Autor/a
Gaos Berea
Andrés
Revisor/a
Joám Trillo
Lingua/s
Inglés
Castelán
Galego

Obra coeditada pola Agadic e Dos Acordes dentro da colección Ars Gallaeciae Musicae, Serie Agra Vella.
Nas montañas de Galicia foi composta en Bos Aires entre 1917 e 1919 e, aínda que premiada en concursos auspiciados pola Institución Mitre en 1923 e polo Centro Galego de Bos Aires trinta anos máis tarde, o autor non podería ver estreada a súa obra (só o seu último tempo, Danza campestre), pois a sinfonía completa se estrearía en conmemoración do centenario do seu nacemento, quince anos despois da súa morte, durante as xornadas galegas organizadas polo Centro Galego de Bos Aires o 28 de xullo de 1974. A estrea europea tería lugar ao ano seguinte na Coruña, no Teatro Colón.
En palabras de Joam Trillo, estamos ante unha sinfonía cos seus movementos convencionais -mutatis mutandis- estruturados como os dunha sinfonía clásico-romántica pero con elementos cíclicos e cunha temática totalmente galega, aínda que non comporte necesariamente que o tema en cuestión sexa recoñecible na tradición ou nos cancioneiros, dado que algúns son do propio autor e outros sofren transformacións ata facelos irrecoñecibles.
Contén CD coas partes instrumentais.

Temáticas

Aínda que menos coñecido polo público que o seu perfil como violinista e como compositor, a dimensión de Andrés Gaos como pianista é un testemuño imprescindible á hora de calibrar a sólida formación do mestre coruñés. Aires galegos e Novos aires galegos son dúas coleccións de pezas breves para piano, de factura sinxela tanto en estrutura como na esencia compositiva. Da súa música despréndese o desexo de evocar as sonoridades, as danzas, as paisaxes, os sentimentos e as lembranzas da patria afastada por medios de ritmos e melodías tomados unhas veces do noso folclore e, outras, simplemente como inspiración para compoñer.

Temáticas
20,00 €
Autor/a
Enríquez
Adolfo
Lingua/s
Inglés
Castelán
Galego

Catálogo da exposición Camiñar, camiñamos… con fotografías de Adolfo Enríquez recollendo imaxes da peregrinación xacobea, resaltando, de maneira sutil e fuxindo dos tradicionais tópicos, o esforzo que ten que realizar o peregrino para acadar a súa meta. Nese sentido van tamén os dous textos que completan o catálogo.

25,00 €
Fotógrafo/a
Agulló
Jessica
Lingua/s
Inglés
Castelán
Galego

Catálogo da exposición: Sri Pada : pasos de peregrino, pegada de deuses, no cal se documenta textual e fotograficamente a peregrinación á montaña sagrada de Sri Lanka, onde conviven peregrinos de catro relixións: budistas, hinduístas, musulmáns e cristiáns. As imaxes son da fotógrafa Jessica Agulló.

Temáticas
Autor/a
Alvarellos
Quique
Lingua/s
Inglés

Trátase dun despregable de oito corpos en que se inclúen planos da ruta, perfís, distancias quilométricas, etapas parciais, planos de lugares xacobeos etc. Así mesmo, a epígrafe “Mais alá do Camiño” anímanos a que cando rematemos o Camiño poidamos contemplar territorios e paisaxes, de singular beleza, un pouco afastados del.

0,00 €
Autor/a
Alvarellos
Quique
Lingua/s
Inglés

Este folleto componse dun libriño de 8 páxinas en que se fai un breve percorrido polo mundo das peregrinacións, a historia do Camiño de Santiago, ritos e costumes da catedral etc. No seu interior, grampado, contén un despregable de 8 corpos que inclúe planos da ruta, perfís, distancias quilométricas, etapas parciais, planos de lugares xacobeos etc. Así mesmo, a epígrafe “Mais alá do Camiño” anímanos a que cando rematemos o Camiño poidamos contemplar territorios e paisaxes, de singular beleza, un pouco afastados del.

Autor/a
Alvarellos Quique
Lingua/s
Inglés

Trátase dun despregable de oito corpos en que se inclúen planos da ruta, perfís, distancias quilométricas, etapas parciais, planos de lugares xacobeos etc. Así mesmo, o apartado “Mais alá do Camiño” anímanos a que cando rematemos o Camiño poidamos contemplar territorios e paisaxes, de singular beleza, un pouco afastados del.