Número dez da revista científica Ad Limina, de carácter interdisciplinar e internacional, multilingüe, de investigación sobre o Camiño de Santiago e o fenómeno das peregrinacións.
Número dez da revista científica Ad Limina, de carácter interdisciplinar e internacional, multilingüe, de investigación sobre o Camiño de Santiago e o fenómeno das peregrinacións.
Publicación anual con información estatística sobre menores en situación de desprotección e sobre adopcións. Define as distintas figuras legais que protexen a situación de risco e desamparo: garda, tutela e acollemento, sexa familiar ou residencial. Tamén define e analiza o proceso legal das adopcións, na súa dobre vertente: nacional e internacional. Por último, describe os programas de apoio ás persoas menores e ás súas familias levadas a cabo polos servizos especializados de protección da infancia.
Documento estratéxico que ten como obxectivo mellorar a calidade asistencial da atención que se presta aos/ás pacientes no ámbito de atención primaria, así como as condicións de traballo dos/as profesionais dese nivel asistencial.
Cartel divulgativo da nova edición do programa Xuventude Crea, na súa convocatoria de 2019.
Trátase dunha publicación que pasou do formato clásico en papel a páxina web. Esta revista continúa tendo como destinataria a comunidade escolar galega, docentes, alumnos/as e familias. Inclúe un foro educativo con artigos sobre temas de actualidade, traballos de investigación, artigos de divulgación, unha entrevista, retallos sobre a escola galega, experiencias de aula (experiencias pedagóxicas) e recensións de obras recentemente editadas. Incorpora, ademais, unhas seccións destinadas a traballos relacionados coas bibliotecas escolares, a innovación educativa e a formación do profesorado.
A Fundación Ingada e a Consellería de Política Social presentan o número 3 da colección Convivir co TDAH, que incide en como afectan as vacacións extraescolares nas familias con fillos con trastorno de déficit de atención e hiperactividade (TDAH) e como o abandono dos horarios e da rutina escolar os afecta de maneira especial na relación cos seus familiares e coidadores.
A publicación informa sobre os problemas que se poden presentar e dá pautas de comportamento que axudan a equilibrar os tempos de lecer sen renunciar ás rutinas básicas e similares ás do resto do ano.
O boletín de actualizacións bibliográficas en urxencias prehospitalarias é una publicación trimestral editada pola Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 na cal se recompila unha selección dos artigos máis relevantes na atención ás urxencias no medio extrahospitalario.
Boletín en que se presentan as últimas novidades sobre a atención á urxencia e á emerxencia no ámbito extrahospitalario.
Informe do modelo organizativo do Programa de detección precoz do cancro colorrectal e principais resultados desde o inicio en 2013 ata o ano 2017.
Tríptico informativo dos ensaios silvícolas de piñeiro levados a cabo no Centro de Investigación Forestal de Lourizán para conseguir incrementar a cantidade e a calidade dos produtos forestais galegos.
Díptico informativo sobre a prevención da entrada da peste porcina africana nas explotacións: o que é, a bioseguridade, como detectala...
Díptico informativo sobre la prevención de la entrada de la peste porcina africana en las explotaciones: qué es, la bioseguridade, como detectarla...
Cartel informativo sobre as mordeduras dos porcos, as consecuencias e a prevención.